“Con el cuerpazo que tiene, se podría haber sacado más partido con otro estilismo”

Galicia Confidencial analiza o 8 de marzo nos diarios deportivos… Día reivindicativo ou día de cara á galería?

Por Enrique Martínez | Vigo | 08/03/2018 | Actualizada ás 21:25

Comparte esta noticia

O mundo do xornalismo deportivo, considerado un dos sectores máis masculinos, tamén celebrou o 8 de marzo. Un día no que se quixo diferenciar entre o feminismo diario e o feminismo “do día”. Así, a ciclista Dori Ruano declarou que moito do apoio ás mulleres deportistas realízase “de cara á galería”. Algo que non escapa a certa prensa do seu sector.

Vero Boquete, no estadio do PSG francés.
Vero Boquete, no estadio do PSG francés. | Fonte: @veroboquete

Nesta situación, destaca o que fixo o diario catalán Sport, posto que presenta pequenos artigos coa mesma timidez coa que falan da muller calquera outro día do ano, e incluso veñen de publicar un manifesto da Asociación para Mujeres en el Deporte Profesional, que denuncia, entre outros aspectos, o tratamento das deportistas nos medios de comunicación.

Precisamente é nos deportes onde existen maiores diferenzas salariais entre homes e mulleres, posto que existindo brechas noutras especialidades, non chegan ao excepcional do caso futbolístico, por exemplo, onde a maioría das xogadoras de Primeira División non chegan ao Salario Mínimo Interprofesional, en contraste coa situación dos seus compañeiros varóns.

Mundo Deportivo tamén apostou por un perfil baixo, en consonancia coa súa realidade os 364 restantes días do ano, contrastando coa actitude doutras cabeceiras que, eludindo a crítica que todas deberian facer, aproveitan para sacar peito, sendo seguramente os menos indicados para facelo.

Así, As dedica numerosos artigos de opinión á defensa da muller, chegando incluso a nomear aos homes cun termo case despectivo coma é “machos”, e dedican ao asunto un extenso dossier titulado “Las deportistas españolas son menos y triunfan más”. Gañarán máis medallas, pero o triunfo e o fracaso o deciden os medios na súa maneira de reflectir a realidade.

Ana Peleteiro, sétima do mundo en Londres'2017.
Ana Peleteiro, sétima do mundo en Londres'2017. | Fonte: @iaaforg

“CON EL CUERPAZO QUE TIENE”

Con todo, non predican co exemplo. O que marca a actualidade, segundo a súa visión, son as novidades da parcela masculina. Ademais, as reflexións loables mestúranse con listaxes das máis fermosas de febreiro e comentarios aos vestidos e corpos das mulleres na última gala dos Oscar, co título Las peores vestidas en los Oscar. Así han dado la nota, lamentando no caso de Paz Vega que “con el cuerpazo que tiene, se podría haber sacado más partido con otro estilismo”.

Tamén a lectura de Marca pode causar enfado ou sorriso para quen o siga a miúdo, con titulares coma “Marca, con nombre de mujer”, “Mujer y deporte: la lucha continúa”, “Las barreras que la mujer aún tiene que superar en el deporte” ou “Ellas son el futuro”, coma se fora grazas, e non a pesar deles.

Aínda que poida sorprender, dende a redacción do periódico madrileño consideran a promoción do deporte feminino coma unha “lucha constante” e aseguran nas súas páxinas reforzar o seu compromiso.

"PROTAGONISMO DA MULLER DEPORTISTA"

E seu director, Jose Ignacio Gallardo, defendeu que “nuestra determinación en otorgar a la mujer deportista el protagonismo que se merece es firme y diaria. No nos conformamos con enarbolar la bandera de la igualdad sólo en esta significativa fecha”.

Finalmente, denuncian a diferenza de soldos e primas entre  futbolistas masculinos e femininos, cando é a prensa deportiva a que contribúe a focalizar a atención do espectador nuns nomes moi determinados que non necesitan presentación, por unha mesma razón, vender da forma máis sinxela e sen preocupación social, pola que soben hoxe a un carro do que baixarán mañá.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Joaquín Pérez Pérez

Acertado artículo, a ver si hace despertar interés en analizar un poco más la realidad, y sí, efectivamente se hacen muchas cosas sólo "de cara a la galería", yo estimo que demasiadas. Es obvio que las discriminaciones hacia la mujer se siguen dando... Cómo obvio es que algo vamos mejorando... ¡Faltaría más que así no fuese, pero queda mucho por mejorar! Nota: Me alegra que el autor de este artículo sea Enrique Martínez Martínez.

1 anonimo

Moi atinado este artigo; a hipocrisía dos medios deportivos é brutal.