A loita pola igualdade e o non sexismo chega á literatura infantil

Convócase o primeiro premio de literatura infantil pola igualdade que ten como obxectivo promover a educación en igualdade.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 09/03/2018 | Actualizada ás 10:17

Comparte esta noticia

A igualdade e o non sexismo tamén chega á literatura infantil. De feito, co motivo da celebración do 8 de marzo, e para promover a educación en igualdade e como homenaxe a todas as persoas que fixeron a aposta de escribir literatura infantil non sexista, Baía Edicións convocou o I Premio Fina Casalderrey de literatura infantil pola igualdade.

Aulas de infantil
Aulas de infantil | Fonte: ciudadpeques.com

A proposta deste premio, que dotará  con 5.000 € á obra gañadora, “é unha chamada a participar con obras que atendan ao concepto de literatura infantil non sexista e coeducativa en calquera dos seus aspectos, introducindo elementos críticos que cuestionen o modelo social sexista dominante”, segunda apunta a editorial.

Poderán concorrer ao premio autoras e autores de calquera nacionalidade que presenten os orixinais escritos en lingua galega conforme á normativa vixente.  Ademais, as obras a concurso deben ser orixinais, inéditas e non premiadas. O feito de participar implica o compromiso de non optar a outros premios coas mesmas obras mentres non se resolva este, compromiso que se estenderá máis aló da resolución de resultar gañadora.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Lavado de cerebro

Pobres nenos. Non falta moito para que os contos tradicionais pasen ao índice de libros prohibidos do novo puritanismo progre. Moito criticaban aos curas, pero agora vemos que non era máis que un "quítate ti que me poño eu".

1 Nexus 6

¿Y por qué no se aceptan obras escritas en español? ¿Esa "normativa vixente" obliga a escribir en la lengua regional? El planteamiento de aceptar sólo obras en gallego es discriminatorio con la otra lengua oficial de la región. Al final el premio será para uno de esos escritores nazionalistas de medio pelo y ultra subvencionados que se ganan la vida en el endogámico sistema que se tienen montado a costa de la língüa, a identidade e a Nazión.

1 Undopobo

Despois, o libriño de turno será solicitado nos colexios de Galicia como texto de lectura obligatoria, non sin antes sinalar ao seu autor/a coma un senlleiro representante da nosa cultura e louvar as súas opinións (sempre en consonancia co ideario nazionalista do pobo asoballado, a língüa maltratada e a identidade propia dos galegos que bla, bla, bla...)