O PPdeG modula o seu discurso e a folga xa non é "o máis machista", senon un "clamor"

"Leccións de feminismo non acepto de ninguén", di Tellado, que acusa ao BNG de querer apropiarse políticamente da mobilización de milleiros de mulleres de todos os partidos. En todo caso suliña que a sociedade cámbiase "desde as institucións".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/03/2018 | Actualizada ás 14:37

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, modulou o seu discurso sobre a folga deste 8 de marzo, tendo en conta que os populares recoñecen que a mobilización este xoves foi "un clamor". Así, preguntado varias veces por se mantén que facer o paro era "o máis machista que se pode facer", respondeu que este tipo de protesta pode ser "rechamante", pero defendeu que "a sociedade se transforma desde as institucións".

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado | Fonte: Europa Press

Tellado constatou este venres en varias ocasións que a folga "é un dereito fundamental", e que "por tanto aqueles que o desexen" poden optar por ela. Con todo, afirmou que cre "pouco" nelas e engadiu que lle gustaría que estivesen chamados "homes e mulleres", ao entender que "a batalla é de homes e mulleres contra machistas e actitudes machistas". "Non é unha guerra de mulleres contra homes", incidiu.

Xusto a finais de febreiro, cando aínda non se coñecía o alcance que ía ter a reivindicación social este día internacional da muller, Tellado afirmou que "a folga de mulleres é o máis machista que se pode facer".

En rolda de prensa, o secretario xeral do PPdeG recoñeceu que "non hai dúbida" de que as manifestacións deste 8M "foron un éxito". "Sempre dixemos que respectabamos o dereito á folga, pero que nós aproveitariamos para traballar pola igualdade real", argumentou sobre a postura do seu partido.

Neste sentido, opinou que "non é unha loita dun día", senón dos 365 e proclamou: "Hoxe tamén é 8 de marzo". "Desde o Goberno, desde as institucións, pódese seguir traballando", apostilou.

SINALA A PONTÓN

Ademais, criticou que "determinados partidos de esquerda" traten de "instrumentalizar" a mobilización para "desgastar" ao Executivo, e acusou directamente ao BNG e ao seu portavoz nacional Ana Pontón. "Busca unha lectura política que non é respectar aos manifestantes", censurou. Nesta liña, razoou que as protestas "non eran contra ninguén", polo que lamentou "se alguén quere sacar tallada", aludindo tamén á conta de Twitter do Bloque.

No que ao PP respecta, Tellado sentenciou que "non" se arrepinte "de traballar os 365 días" pola igualdade "real". Un labor que, segundo interpretou, "está a dar os seus froitos", o que exemplificou cunha fenda salarial "menor" en Galicia que en España e en España que en Europa. "Non podemos estar arrepentidos deste traballo", recalcou, aínda admitindo que "queda moito por facer".

Neste extremo, mencionou a lei de igualdade de 2004, aprobada co expresidente da Xunta Manuel Fraga e sobre a que Pontón, recriminou, "votou en contra". Tamén se referiu ao vixente plan de emprego feminino e ao de conciliación que prepara a actual Xunta --recoñecendo que hai que "seguir profundando" no campo da corresponsabilidade--, para concluír que non acepta "leccións de ningún tipo" sobre o seu "compromiso coa igualdade real". "Leccións de feminismo non acepto de ninguén", terminou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

7 galegoexiliado

Primeiro as dereitas tentaron anulala e descalificala, acusando as participantes de machistas, elitistas.... logo en vista do éxito tentan facernos creer que eles apoian a loita das mulleres. En uns dias xa dirán que eles os da dereita foron os organizadores. Onte puxeron o lazo e pronto os veremos coa boina e a estrela bermella chamando ás barricadas .

1 Galegadesesperada

Exactamente, porque non se van adherir se é unha loita tan xeneralista que non se pode non asumir agás en casos de xente de dereitas moi extremas. As condicións laborais das traballadoras cambiaron cando loitaron en sindicatos organizados e souberon dicirlles aos seus compañeiros o que tiñan que dicirlles se era preciso: Mujeres libres ou a Kollontai na Revolución Rusa son un exemplo disto. Agora ben, as loitas individualistas e individualizadas non conducen a ningures máis que á desaparición da esquerda.

2 Galegadesesperada

Cando ademais son loitas que medraron amparadas polos medios e as redes sociais soen desaparecer en pouco tempo e esquecerse. O que nos están facendo aos e ás traballadoras xa o coñecían os gregos e os romanos: Divide et impera! E é lóxico que en Galicia, terra minifundista non só territorial senón tamén mental, se aplique... Non o entendedes, pero vós non pensades e no PP galego si, gústevos admitilo ou non. Eu non sei coma puidemos criar mozos e mozas tan absolutamente desideoloxizados... Síntoo por vós. https://es.wikipedia.org/wiki/D%C4%...

6 Anti..

De ir en contra da idea de occidente, a ser unha folga máis machista cos machistas a facer unha folga a xaponesa dito por xente que fai que traballa. Os servicions de información do pepé e os feitos fixeron que todo un goberno, estado español e rexión galega mudaran de opinión e ata levaran lazos cor do viño. Como muda un cando olla abanear a sua cadeira.

5 Barbienchachiguayprogrelandia

A ver, que entre o auténtico e o real sempre se elixe o auténtico e en levidade a podemos marearnos non lles gañades. Pero coma se pode ser tan parvo/a? Que ides sacar disto? Dende logo un voto menos, o meu... E ao mellor ata convenzo a alguén máis. Sería de agradecer que tiverades en conta isto e alguén (que será crucificado, pero algúns xa etades acostumados a isto) poña as cousas claras... Porque entre o do carteliño e a folga interclasista/emocional/transmitida na burbulla mediática lucístesvos. A verdade, foi moi decepcionante. Moito. E mesmo aturar malas caras de xente da vosa e da CIG (sindicato ao que pertenzo dende hai ben anos) por isto. Ninguén pode crer que seres humanos adultos se cheguen a infantilizar tanto coma algunhas mulleres que tiven que tratar eu estes días... Cousas da burbulla.

4 Barbienchachiguayprogrelandia

O bloque, por exemplo, recibiu numerosos votos de xentes de esquerda non nacionalistas porque se recoñeceron neles coma esquerda (obviamente agora despois disto xa vai ser moi difícil) ou ben porque entendían que Galicia tiña que ter unha voz propia no caso de haber unha reforma territorial. E elas e eles que fan? Copiar as Mareas...

3 Barbienchachiguayprogrelandia

Bo resumo para ninistas (si, xa sei que pensar costa e informarse máis alá da burbulla moito máis): https://www.meneame.net/story/trata... En calquera caso sempre Galicia á cabeza da insoportable levidade do ninismo rama centro esquerda?