“A censura volve a España”

O prestixioso informativo Euronews faise eco das distintas decisións xudiciais que están a provocar perplexidade en todo o mundo, entre elas, o secuestro de Fariña.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/03/2018 | Actualizada ás 14:52

Comparte esta noticia

“Case catro décadas despois do fin da ditadura, discútese a alegada censura a xornalistas, escritores ou cantantes por divulgaren textos considerados polémicos ou contra a monarquía española”, suliña o informativo Euronews, un dos máis prestixiosos do espazo político europeo, ao referirse á situación política e xudicial do Estado español.

Esposas contra a liberdade de espresión
Esposas contra a liberdade de espresión

Así, nunha noticia desta cadea faise alusión ao acontecido o pasado 1 de marzo, cando unha xuíza de Collado Villalba mandou retirar das librarías o libro Fariña, sobre o tráfico de droga do xornalista Nacho Carretero a petición do antigo rexedor do Grove, José Alfredo Bea Gondar.

Censura de volta a Espanha? | Euronews

Tamén lembra que hai unha semana, o Supremo Tribunal de España condenou o rapper Pablo Rivadulla, coñecido polo nome artístico de Pablo Hásel, a dous anos e un día de prisión por enaltecimento do terrorismo e por calumniar institucións españolas e estatais, en mensaxes na rede social Twitter e nunha canción publicada no YouTube.

E finalmente, alude ao acontecido en ARCO, en febreiro, coa obra do artista Santiago Sierra, "Presos Políticos na España Contemporánea", retirada da mostra a petición da organización por ser “demasiado polémica”. Unha decisión que foi fortemente criticada. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 O que hai que ler

Para censura tamén a do panfleto Galicia Confidencial, que durante a pseudofolga feminazi e nos días previos borrou varias novas nas que a maioría absoluta de comentarios criticaban a pseudofolga ou informaban da súa nula repercusión. Típico cinismo progre.

3 Fernando G

Supongo que lo de la censura lo dirá por la persecución que sufrió el pasado año el autobús de Hazte Oir que proclamaba una serie de opiniones evidentes. En esa la izquierda se puso de acuerdo con el Partido Popular. O no?

2 Hugo

Sí, la censura ha vuelto a España, y volvió hace tiempo, las condenas al rapero Pablo Hasel o al otro chaval condenado son un claro ejemplo. Hay que tener mucho cuidado con lo que subimos a nuestros perfiles sociales, a día de hoy por poner un simple emoji en Twitter acompañado de una frase "ofensiva" te pueden condenar. Gracias por el artículo. Saludos.

1 Oremus

Coa nova lei de memoria histórica, se alguén di que a guerra a gañaron os bos, multa; se persiste á cadea ata catro anos; se o di en papel, secuestro e destrucción da publicación. Se o di en internet, se bloquea o acceso á páxina. O mesmo se pode dicir da nova lei mordaza LGTB, con peches de publicacións, etc.