Temas: CRTVG MULLER ACOSO

A CRTVG nega calquera relación contractual co produtor acusado de acoso pola actriz Iria Pinheiro

A compañía pública asegura que non ten ningún vínculo laboral con esta persoa.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/03/2018 | Actualizada ás 22:10

Comparte esta noticia

A Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG) subliñou que o produtor denunciado por acoso pola actriz Iria Pinheiro non é traballador seu e tampouco ten constancia de que manteña actividade "en ningunha produtora" que lle preste servizo á televisión autonómica.

Iria Pinheiro.
Iria Pinheiro.

A CRTVG explica que o contrato do denunciado era con Ficción Produciones, responsable do programa 'Con amor e compañía', e que os feitos denunciados, avanzados por Sermos Galiza, tiveron lugar entre marzo e xuño de 2017.

En calquera caso, e a pesar de "non existir relación contractual algunha", a compañía dos medios públicos galegos decidiu que, "preventivamente" o produtor José Luis Viñas Orta "non traballará en ningunha produción relacionada coa CRTVG mentres non se aclaren os feitos denunciados".

Así mesmo, a CRTVG expón que está a solicitar "a información exhaustiva dos feitos por parte de Ficción Produciones" e manifesta que entende "a sensibilidade sobre esta cuestión", pero puntualiza que "debe tamén respectar a legal presunción de inocencia e agardar o curso da Xustiza".

DENUNCIA

Na súa denuncia, revelada por Sermos, a actriz describe unha situación continuada de acoso por parte de José Luís Viñas Horta. Pinheiro relata a situación vivida durante os tres meses de 2017 que traballou no programa 'Con amor e compañía' producido por Ficción Producciones para a TVG , con constantes “tocamentos, insinuacións e humillacións públicas” do director do programa que lle provocaron un “cadro de ansiedade”. 

Segundo a actriz, Viñas Horta chegoulle a dicir cousas como “non quero que escondas as túas curvas na televisión”, cando realizaba as probas de vestiario para interpretar a María Pita “con saia longa, corpiño e camisa; vestimenta do século XVI”. O home “meteu a man dentro da camisa e baixouma ata o medio dos peitos indicando: quéroa ata aquí”, describe a actriz.

Temas: CRTVG MULLER ACOSO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 José

Véñenme a cabeza nestes momentos palabras de enorme utilidade coa CRTVG: obus, axente laranxa, fumigación, electro-eliminación, laminación, transustaciación..., pero a millor sen dúbida é "bota-los fóra". Poñer a toda esta xente na pu-ta rúa.

2 Incredulo

1 Product Placement

Nas altas instancias da CRTVG estarán encantados de que a primeira información de Galicia Confidencial sobre o tema sexa este desmentido. En fin...