A cicloxénese explosiva xa se deixa notar en Galicia con refachos de até 136,8 km/h

Carballeda de Valdeorras (Ourense) rexistra os ventos máis fortes. Fontecada, en Santa Comba (A Coruña), alcanzou precipitacións de 20,5 litros por metro cadrado, nas primeiras horas da borrasca 'Félix'.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/03/2018 | Actualizada ás 11:42

Comparte esta noticia

O municipio de Carballeda de Valdeorras (Ourense) rexistrou o maior refacho de vento durante a madrugada do sábado, alcanzando os 136,8 quilómetros por hora, mentres que Fontecada, en Santa Comba (A Coruña), alcanzou precipitacións de 20,5 litros por metro cadrado, nas primeiras horas da borrasca 'Félix', prevista para esta fin de semana.

Refachos de vento
Refachos de vento

Segundo datos de Meteogalicia, o refacho de tempo máximo rexistrouse en Carballeda de Valdeorras ás 1,50 horas deste sábado. En canto ás temperaturas, a máxima produciuse en Cariño (A Coruña), con 16,4 graos e a mínima na Veiga (Ourense), con 0,1 graos.

A borrasca 'Félix', que está a causar unha cicloxénese explosiva, entrou este venres polo oeste da Península, con previsión de precipitacións abundantes, vento e fenómenos costeiros en boa parte de todo o Estado durante toda a fin de semana, segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).

Meteogalicia activou a alerta laranxa por vento na Coruña, Pontevedra e Lugo (A Mariña), desde a mañá deste sábado 10, con previsión de refachos de vento de até 120 quilómetros por hora.

Na costa Atlántica, Meteogalicia advirte de mar de fondo de 4 a 6 metros e forza 8 a 9, e na costa Cantábrica, de forza 8 con mar de fondo de 4 a 6 metros.

Tamén hai alerta laranxa ante posibilidade de que se superen os limiares de alerta do río Támega en Castrelo do Val e Rabal por choivas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta