A Feira de Turismo de Berlín premia o vídeo promocional en galego do Concello de Carnota

A produción ‘O legado’ foi galardoada nos premios The Golden City Gate que se entregaron na capital alemá durante a Feira Internacional de Turismo.

Por Galicia Confidencial | Berlín | 10/03/2018 | Actualizada ás 18:52

Comparte esta noticia

O novo vídeo turístico e institucional do Concello de Carnota, que leva por título ‘O Legado’, acaba de ser premiado nos premios The Golden City Gate Awards 2018. Estes galardóns, entregados durante a Feira Internacional de Turismo de Berlín (ITB), son considerados os premios audiovisuais máis prestixiosos a nivel mundial dentro da industria do turismo.

Fotograma do vídeo promocional 'O Legado' do Concello de Carnota.
Fotograma do vídeo promocional 'O Legado' do Concello de Carnota.

Celebrado anualmente dende 2001, o certame ven de celebrar a súa 18ª edición, que como sempre contou con diversas categorías (país, rexión, cidade, eventos, campañas...). Un xurado internacional formado por 40 expertos foi o encargado de votar os distintos gañadores en cada sección.

‘O Legado’, unha produción en versión orixinal galega, recibiu o segundo premio na categoría de rexións. Trátase dun galardón destinado a atraer o turismo internacional á zona, entregado no marco da feira líder neste sector.

O principal patrocinador desta competición é a Federación Alemá de Produtores Audiovisuais, e dende a súa creación teñen participado máis de 40 países e cerca de 1.700 traballos.

O acto de entrega tivo lugar este sábado no recinto feiral de Berlín, onde recolleu o premio Ramón Noceda, alcalde de Carnota.

Premio para o vídeo promocional 'O Legado' do Concello de Carnota, nos  Golden City Gate Awards 2018 no marco da Feira Internacional de Turismo de Berlín.
Premio para o vídeo promocional 'O Legado' do Concello de Carnota, nos Golden City Gate Awards 2018 no marco da Feira Internacional de Turismo de Berlín.

O vídeo xa acadara previamente o aplauso da cidadanía.

FICHA TÉCNICA

‘O Legado’

Sinopse: Marco, emigrante galego no norte de Europa, regresa a Carnota logo da morte do seu avó. Este deixoulle un testamento no que relata o seu emocionante e sorprendente legado.

Duración: 6 min.

Autor: Concello de Carnota.

Produtora: Aba FILMS.

Dirección e Produción: Marcos Gallego.

Asistentes de dirección e produción: Jesús Silva e María Lago.

Guión: Manuel de Lorenzo.

Edición: Jesús Silva e Marcos Gallego.

Banda Sonora Orixinal: Manuel Espiño (Trombón), Manuel Paino (Trompeta), Alonso Caxade (Piano).

Gravación Música: Tomás Ageitos.

Gravación Off: Luis Aceituno.

Gravación aérea: Lesmes Iglesias e Tino Rey.

Narración / Voz Off VO: Luis Iglesia.

Mestura son: Cristina Morquillas.

Posprodución vídeo: Fernando Alfonsín.

Intérpretes: Alberto Riveiro (Marco), Nicola Luvie (Ulrika), Ayla Ru Ponsnford (Max).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta