Os hostaleiros de Santiago de Compostela, abertos a aplicar unha taxa aos turistas

A Asociación Hostalaría Compostela está disposta a debater co Goberno local o importe da taxa, o efecto que vai ter e a que se vai destinar. Pola contra, o Clúster do Turismo de Galicia móstrase reticente e alerta de que se corre o risco de converter os hostaleiros en "recadadores de impostos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/03/2018 | Actualizada ás 13:25

Comparte esta noticia

O modo no que aplicar unha taxa turística, o motivo e, sobre todo, o destino dos fondos son as tres grandes dúbidas que o sector ten ao redor da implantación desta tarifa para excursionistas como a que propón o Concello de Santiago de Compostela. A iniciativa suscita opinións diverxentes. Así, mentres a Asociación Hostalaría Compostela, está aberta e estudar a proposta e a aplicala con racionalidade, o presidente do Clúster do Turismo de Galicia, Francisco González, móstrase en contra e alerta de que se corre o risco de converter aos hostaleiros en "recadadores de impostos".

Peregrino ante a Catedral de Santiago
Peregrino ante a Catedral de Santiago | Fonte: Europa Press

Para o representante do Clúster do Turismo de Galicia, a nivel galego, "agora mesmo non toca" falar dunha cuestión así. Esta é tamén a tese da Xunta, a través de Turismo de Galicia, que aposta por non abrir un debate sobre esta cuestión ata que os niveis de ocupación do país de forma "sostida" estean no 90%.

"Por agora, até o momento, non cremos nesa taxa turística a nivel galego, non somos un destino como Baleares ou Cataluña", dixo Nava Castro sobre esta cuestión, que presenta outros problemas como que "ten que haber unha persoa na que repercutir a taxa e dicir que servizo se está prestando".

O recentemente presentado 'Plan Estratéxico de Turismo' de Santiago inclúe entre as súas propostas para a cidade o cobro dun gravame municip Concello se prevé analizar e desenvolver nos próximos meses.

Após a oposición frontal da Xunta á posibilidade de implantar unha taxa turística por pernoctación, o Concello de Santiago considera axeitado que os excursionistas que pasan menos dun día na cidade poidan "contribuír con pequenos custos" tanto en tempada media como baixa, co obxectivo de repercutir en maior maneira a paliar os efectos que deixan na urbe.

"SANTIAGO NON É PALMA DE MALLORCA NIN NOVA YORK"

No entanto, desde o Clúster do Turismo de Galicia adhírense á tese da Xunta, alegando que a Galicia aínda "quedan moitos meses por vender". "Santiago non é Palma de Mallorca nin Nova York", dixo Francisco González, que lembrou que a cidade ten "un pico moi alto durante catro meses", pero tamén momentos do ano con baixa ocupación nos que "hai que traballar".

Para González, unha taxa neste ámbito o único que faría sería "pór trabas" á hora de promocionar o destino e "dificultar a comercialización".

COMO, A QUEN E PARA QUE

Francisco González destacou, do mesmo xeito, que os grandes interrogantes neste debate pasan por "como, a quen e para que". Sobre todo, instou a "clarificar" o destino destes fondos, xa que "se se vai a destinar a gastos municipais ordinarios", trataríase dun "novo imposto ao sector".

"O risco é que os hostaleiros nos convertamos en recadadores de impostos", destacou Francisco González, para quen "queda moito por facer para que maio sexa xuño, para que xuño sexa xullo e para que xullo sexa agosto".

Fronte a isto, o Clúster ve necesario abrir "un debate sobre o financiamento de destinos turísticos a nivel Galicia". "Hai 10 ou 12 destinos que teñen o 80% da carga turística, eses destinos o que terían é estar a traballar todos xuntos, facendo un esforzo común para conseguir un financiamento acorde ás necesidades", resumiu.

OS HOSTALEIROS DE SANTIAGO, ABERTOS AO DEBATE

Sen situarse en principio a favor nin en contra de forma radical, os hostaleiros de Santiago móstranse abertos ao debate sobre esta taxa, aínda que apuntan á necesidade de fixar a quen, con que motivo e de que forma se cobraría.

O presidente da Asociación Hostalaría Compostela, Ramón García, apostou por "estudar con certa profundidade esta cuestión", que podería ter "incidencia positiva". "Tampouco hai que negarse nin aceptar sen valorar certas cuestións. E non hai que rachar as vestiduras", dixo.

"Estamos a ir cara a un movemento en que cidades con características similares a Santiago están a poñelas", dixo Ramón García, que incidiu en que as cuestións a analizar con detalle son "o importe da taxa", o "efecto que vai ter" e, sobre todo, "a que se vai destinar, cal é a finalidade".

Os excursionistas, que non pasan a noite na cidade e teñen un volume de gasto "escaso", dixo, si "xeran un custo en moitos ámbitos para a cidade", algo que viu necesario "amortizar". "Por aí parece que pode ser algo plantexable", dixo o presidente de Hostalaría Compostela, que está "aberto á discusión e ao estudo" de como expola.

Como puntos negativos, Ramón García ve a súa aplicación "complexa", en relación "a quen se lle pode cobrar" ou "de que maneira". En todo caso, indicou que aínda non se analizou esta cuestión co sector.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta