Noriega pide abandonar o debate das marcas na elaboración das candidaturas municipalistas

O alcalde santiagués reivindica a "unidade popular" como única marca. Sobre a taxa ao viaxeiros que chegan a Compostela, asegura que "nunca sobran os turistas" na cidade pero cre que "faltan políticas públicas de gobernanza do turismo".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/03/2018 | Actualizada ás 18:25

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, volveu a emprazar ás distintas forzas de esquerdas que conforman o espazo das mareas municipalistas a abandonar o debate das marcas na elaboración de candidaturas para as eleccións locais do próximo ano. "Hai que deixar de falar de marcas e entender que a marca é a unidade popular", aseverou.

Martiño Noriega na Radio Galega
Martiño Noriega na Radio Galega | Fonte: Europa Press

Así se expresou o rexedor compostelán nunha entrevista este domingo na Radio Galega, onde asegurou que a decisión de repetir ou non como candidato de Compostela Aberta en 2019 vaina tomar "despois do verán" e nela influirán tanto cuestións políticas como "persoais".

Para Noriega, o espazo das 'mareas' debe buscar fórmulas para sumar forzas e aumentar o seu peso nas deputacións que, a pesar de considerar estas institucións "anacrónicas", manexan fondos orzamentarios que son de axuda para os concellos.

Cuestionado sobre o liderado de Luís Villares en En Marea, asegurou que, ao seu modo de ver, a organización rupturista non se debe rexer "segundo os canons dos partidos tradicionais" porque representa un espazo político "moito máis complexo e heterodoxo".

Nesta liña, volveu deslizar o seu malestar con aqueles sectores dentro de En Marea que "foron bastante críticos co espazo de mestizaxe e fixeron emendas á totalidade", en referencia a Cerna, e que cre que, a pesar de "non ser representativos", "agora ocupan un espazo de centralidade" na organización rupturista.

SANTIAGO

O alcalde compostelán augurou que o tempo que resta de mandato servirá a Compostela Aberta para "recoller" os froitos dos tres anos de goberno que cumprirán no mes de xuño e nos que, ao seu xuízo, conseguiron crear "un relato de cidade".

Noriega foi preguntado por unha das cuestións que máis espazo ocupou na actualidade da capital galega nos últimos tempos: a creación dunha taxa turística á que se opón o Goberno galego, que é quen ostenta as competencias na materia.

Deste xeito, incidiu en que en Santiago "nunca sobran turistas" e que desprezar a chegada de visitantes sería "ir contra a historia" da cidade. Con todo, defende que "faltan políticas públicas de gobernanza do turismo" para poder reverter os seus efectos en favor dos veciños.

Para iso, e tendo en conta que a Xunta se opón frontalmente á creación dunha taxa ás pernoctacións en Santiago, o consistorio compostelán considera "gravar os autobuses" de excursións que só pasan un día na cidade e cuxo impacto económico é reducido.

Así, o Concello de Santiago podería empezar a cobrar a partir do próximo ano unha taxa a aqueles autobuses que empreguen o aparcadoiro municipal da dársena de Xoan XXIII. De feito, esta medida está recollida no Plan director do Turismo presentado hai unhas semanas polo goberno local coa vista posta no ano 2022.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

7 escravitude do podreiros

esta posto, como todolos demias xerifalques polo gobernó do gran dedo e decir o malandrin o vello -Vieiras e o que esta gobernando nas mareas podreiras, o vimos nos últimos días presideindo o cenáculo, e o que manda o mero-mero, señores os demais son peons do vello, os calcalduchos cucuruchos e o xuiz villano, enton os secuaces de podreiros non poden votar os lideres que lle son impostos pola sombras do podreiro-AGE (SANTI-AGE DE COMPOÑENDAS e decir golfiño merendiño ) pésimo exemplo- pésimo engano decían de que as bases elexian, pero aquí non elixen nada o podreiro ven imposto pola negociación Waldo das jons e o seu correvidile na Galiza o vello -Vieiras

6 Pondaliao

Podemos + lo que sea. Coyiright MADRID

5 DOMLOCK

Si martiño se presenta a xunta será presidente,el e un lider e os demais monecos.

4 comunista independentista

Martiño Presidente da Galiza independente!

3 Alcaldes-guía

Moi ben o barón baroneando total a cidade xa se xestiona sola con xestores eficaces como os de Compostela Pechada. A "municipalizar" externalizando contratos en Cidadanía SL