A fiscal Pilar Fernández denuncia recorte de medios para combater a violencia de xénero en Galicia

Alerta da "precariedade" nos xulgados e convida os responsables da Xunta na materia a "ver como se traballa" nos xulgados onde vítimas e agresores comparten "o mesmo espazo".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/03/2018 | Actualizada ás 18:45

Comparte esta noticia

A fiscal especializada en violencia de xénero Pilar Fernández denunciou a "precariedade" coa que se traballa en Galicia nesta materia, xa que "a desculpa" da crise supuxo "recortar medios" nos xulgados mentres continuou aumentando o número de denuncias por violencia machista.

Fiscal Pilar Fernández
Fiscal Pilar Fernández | Fonte: Cadena SER

Nunha entrevista concedida á Cadena Ser, Fernández incidiu na necesidade de que esta petición "non siga caendo en saco roto". "Eu convidaría os responsables da xestión da Xustiza na Xunta que veñan un día a ver como traballamos e que vexan se é posible se un compañeiro nos pode substituír no traballo que facemos no día a día", apuntou.

Ademais, a fiscal tamén explicou que na actualidade vítimas e agresores aínda "teñen que compartir o mesmo espazo" porque os medios "chegan a contagotas" e non se dispón dos "sitios adecuados" para tomar declaración ás mulleres e menores, a pesar de que llos "prometeron".

Así, Fernández instou aos responsables da situación a que "se poñan as pilas" e "fagan o seu traballo efectivo" logo de escoitar a súa protesta.

ACTUAR DESPOIS DO 8-M

Fernández expresou ademais o seu desexo de que, logo da mobilización feminista do pasado xoves, o Goberno "actúe" para dar "un impulso efectivo" e que se deixe de "teorizar" para aplicar "medidas". Tamén pediu que "se corrixa" e "se cambie a mentalidade", o "relax", xa que de momento a Administración central só tomou parte "de boca para fóra".

Neste sentido, engadiu que, a pesar de que é certo que no ano 2017, coa Lei de Igualdade, e no 2004, coa Lei Integral, se deu un "impulso", parecía "perdido", polo que as mulleres "saíron á rúa para dicir que isto non se pode relaxar" e que "hai que seguir traballando niso".

FOLGA NA XUSTIZA

Polo que respecta á folga da Xxustiza en Galicia, a fiscal asegurou que se "solidariza" cos funcionarios mobilizados para "esixir un aumento de soldo", á vez que advirte das consecuencias que pode ter este parón nos xulgados.

Por iso, instou á Xunta e aos sindicatos a "solucionar as súas diferenzas", porque é unha folga "moi importante" para a Xustiza, polo que hai que "facer todo o posible" para pór ao día os asuntos e "sentar a resolvelos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta