O Museo Gaiás inaugura este venres a mostra 'Galicia Universal', con 200 obras de Lugrís, Castelao, Maside ou Laxeiro

A exposición percorre 200 anos de arte galega a través das coleccións de Abanca e Afundación

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/03/2018 | Actualizada ás 20:00 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Museo Centro Gaiás acollerá este venres a inauguración do seu novo proxecto expositivo, 'Galicia Universal, que propón un percorrido pola historia do arte galego desde o século XIX, a través dunha selección de 194 obras que forman parte das coleccións de Abanca e Afundación.

Así, a mostra 'Galicia Universal. A Arte Galega mais coleccións de Abanca e Afundación' presenta unha ambiciosa iniciativa na que se incluirán pinturas, esculturas, fotografías ou instalacións de artistas galegos como Castelao, Maside, Maruja Mallo, Francisco Leiro, Menchu Lamas ou Lugrís, entre moitos outros.

A mostra representa unha selección "sen precedentes" que aborda a evolución e os principais nomes da historia artística galega, tanto desde unha óptica particular como en relación co contexto internacional, as vangardas ou o exilio.

Trátase de 194 pezas seleccionadas das coleccións de Abanca e Afundación, integradas por importantes fondos de 1.348 obras artísticas e 3.217 rexistros bibliográficos, no primeiro caso, e por máis de 5.000 no segundo.

A mostra poderase visitar de forma gratuíta no Museo Centro Gaiás entre este venres e o 14 de outubro. O deseño de montaxe da exposición estará a cargo do estudo galego de arquitectura Abalo e Alonso, que buscarán crear un diálogo co propio espazo do Gaiás e realzar o valor singular das pezas.

Ademais, estará acompañada por un programa de visitas guiadas para escolares e unidades didácticas, situándose así como "unha clase de historia da arte galega", e verase reforzada por un catálogo en galego, castelán e inglés editado polo estudo Desoños.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta