Temas: CIUDADANOS

Ciudadanos presume de crecemento en Galicia

O secretario de organización de Ciudadanos, C´s, en Galicia, Laureano Bermejo, ve de “forma moi positiva” o aumento dos e das inscritas na formación laranxa que sería dun 36%.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 12/03/2018 | Actualizada ás 20:21

Comparte esta noticia

Segundo o comunicado emitido por C´s Galicia, o número de afiliados á formación sería de cincuenta por día, cousa que segundo Laureano Bermejo é algo semellante ao que acontece no resto de España. Isto explícano desde o partido laranxa como consencuencia dos resultados en Cataluña e que iso “reflicte unha confianza cada vez máis grande no proxecto reformista, limpo e de rexeneración en todas os lugares”.

Reunión da executiva de Ciudadanos en Madrid
Reunión da executiva de Ciudadanos en Madrid | Fonte: Europa Press.

Ademais disto, os do partido de Albert Rivera aseguran que tamén estarían ampliando o seu expectro de voto nas zonas rurais de Galicia. Isto aléntaos a afirmar que “iso non fai máis que prognosticar un futuro prometedor nas vindeiras eleccións municipais nas que gañaremos para poder ser decisivos” apuntou Bermejo. O aumento nas zonas rurais, non sería máis que froito da claridade, traballo serio e de oportunidade de todas as súas propostas.

Cando analiza o crecemento por provincia, C´s ve que aumenta sobre todo en Ourense con case un cincuenta por cento sobre cifras anteriores de afiliación. Séguea Pontevedra cun 36%, Lugo con 35% e A Corua cun 26%, a que menos. Todo isto nos últimos meses como apuntan no seu comunicado.  Laureano Bermejo resume todo isto na posibilidade de poder formar gobernos municipais logo das eleccións locais de 2019, debido á confianza, cada día máis grande no seu partido.

Temas: CIUDADANOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ruína

A ruína total de Galiza, son estes.