Porque marchan as empresas galegas para Portugal?

O 90% das empresas instaladas no polígono industrial de vilanova da Cerveira son xa galegas. Os empresarios galegos explican os motivos desta deslocalización a territorio portugués.

Por Galicia Confidencial | Vilanova da Cerveira | 13/03/2018 | Actualizada ás 12:01

Comparte esta noticia

Nos últimos dez anos un total de 500 empresas galegas escolleron Portugal para se instalaren nos seus polígonos industriais. Son moitos os motivos que xustifican esta aposta dos empresarios galegos, entre eles e sobre todo, o prezo do solo industrial e menos trámites e impostos, tal e como recolle uha reportaxe de María Cerqueira na RTP.

Fortaleza de San Lourenzo, en Goián (Tomiño). En Fronte, Vilanova da Cerveira, xa en Portugal
Fortaleza de San Lourenzo, en Goián (Tomiño). En Fronte, Vilanova da Cerveira, xa en Portugal

Actualmente, o sector da automoción e o sector auxiliar do metal lideran esta deslocalización, pero tamén comezaron a emigrar para Portugal a industria agroalimentaria e tamén tecnolóxica.  Jorge Cebreiros, presidente dos empresarios de Pontevedra, destaca que os polígonos empresariais están ben conectados e que en Portugal existe unha administración “moi rápida e moi áxil a hora de atender aos empresarios”. 

Tamén Enrique Mallón, secretario xeral da Asociación de Empresarios do Metal (Asime), suliña que hai menos trabas burocráticas para xestionar a implantación das empresas en Portugal. “Ademais hai unha menor carga impositiva de impostos locais, que en España son maiores, e despois hai unha cercanía maior das institucións portuguesas cara aos inversores estranxeiros”, destaca.

Os dous empresarios apostan por un polo ibérico do sector do automóbil para facer fronte a competidores conxuntos como son Marrocos, o Norte de África e o corredor mediterraneo. Por iso, salientan  a importancia de impulsar o corredor atlántico cara a América.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

4 Arturo

¿ E por qué non decides a verdade dunha vez? Que en Portugal a man de obra é moito mais barata. Eiquí, en Galicia, ningún funcionario cobra " mordida" por " autorizar" nengunha empresa. A mixtura de ignorancia e desconfianza fai desbarrar. O de sempre, pensa o ladrón...

1 pako

En Portugal hai talento. En Galicia tamén hai salarios baixos entre os xóvenes que teñen contratos de 5 horas...Galicia hai tempo que ten pouco futuro demográfico e portanto de consumo e económico. Triste realidade !!

3 FbzA

É a guerra económica, regalar terreo próximo a fronteira, para deslocalizar empresas alí. Por suposto, os partiduchos nacionalistas que din defender Galicia, andan moi calados, para non incomodar os seus xefes portugueses.

1 Lavádevos-PPorconas

Os "partiduchos" nacionalistas non gobernan en Galicia,:gobernan os "partidazos" do clan PPsoeiro....que din eles? que fan eles?

2 Caladiños

Os partiduchos non gobernan, nin parece que o vaian facer en moitos anos, entre outras cousas por non saber defender a Galicia, máis alá de dicir catro frases tópicas que ninguén cre xa.

3 urco

35 anos governando Galiza , destruindo o agro, o monte, a indústria, o emprego, fomentando a emigraçom, tentando exterminar a língua e cultura próprias e agora resulta que a culpa é dos que nom governarom neste tempo mais que seis anos (e em coligaçom). És um gênio , neno.

4 Lavádevos-PPorconas

Home!, velaí unha mostra do que pasa en Galiza: Levades gobernando 35 anos, e isos que criticades nin 2.5, e inda tedes a cara e a desvergonza de negalo....cantos anos precisades, lacazáns?. Sodes un FRACASO por todos lados. Non tedes ideas, nin plans, nin sabedes da misa a media o que é o país. Onde gobernades (os PPsoeiros) a corrupción e o fracaso son totais. Si vos dan algún premio internacional será ao fracaso mais rotundo de gobernación. E agora dime que vos seguen a votar por algo....e toda esa parvada que levades dentro...que aquí te agardo .

2 Españolistas dades noxo

Pois en Portugal seguro que lles impoñen o galego, tan malo non ha ser.

1 Vijo

La respuesta es muy simple: en Portugal no hay que pagar tantas mordidas a políticos y funcionarios como aquí. Ni tienen que padecer a los liberados sindicales de la CIG.

1 Palmeira Libre

Tés toda a razón .A miserabel mordida que os caciques políticos tardan en repartir e a burocracia de estes tahures do Misissipi que nón se poñen de acordo cos sindicatos jalopíns que queren parte da mordida . Teñen a casa sin barrer.