A lingua galega renace en Cataluña

Descendentes de galegos e cataláns con curiosidade pola nosa cultura e lingua apréndena en Barcelona. Son neofalantes sen contacto directo co país que cren nas posibilidades do noso idioma. “O caso máis bonito para min é o de Héctor, un home catalán casado cunha muller de descendencia galega, que acaban de ter unha cativa e queren educala en galego”, asegura o impulsor da primeira cooperativa de ensino da nosa lingua en Cataluña.

Por Xurxo Salgado | Barcelona | 13/03/2018 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Todas as estatísticas indican que o galego murcha en Galicia, que a maior parte dos cativos prefire falar en castelán, ou, sinxelamente, interactúan no idioma que escoitan nos medios de comunicación, nas redes sociais ou na escola. O galego é algo alleo para eles, como o era o castelán para os seus avós.

Nenos nunha protesta de Queremos Galego
Nenos nunha protesta de Queremos Galego | Fonte: Wsobchak

E, curiosamente, cando en Galicia hai xente que rexeita falar na súa lingua, ou que aposta por un falso bilingüismo ou multilingüismo que fomenta máis o castelán e o inglés que o galego, en Cataluña, a máis de 1.000 quilómetros de distancia, hai quen volve as súas raíces, ao dos seus avós e volve atoparse co galego. Ou aqueles que sendo cataláns, adorando a súa propia lingua e cultura, ven no galego un idioma fermoso e en Galicia a unha cultura digna de ser defendida. Son os novos neofalantes e o futuro da nosa lingua fóra do país.

“GRAN DEMANDA” POLA LINGUA DE ROSALÍA

Nos últimos tempos, especialmente en Cataluña, hai un interese por aprender o galego. E froito desa necesidade acaba de abrir unha cooperativa para impartir a nosa lingua.  Aula d'Idiomes é unha excepción no panorama “fechado” da aprendizaxe do galego que, ata agora, estaba restrinxida a universidades e centros galegos. “A través desta cooperativa, o galego poderá ser estudado de novo por aquelas persoas que mostren interese”, apunta Carlos Vieito, un dos impulsores desta iniciativa que di que detectou “unha gran demanda por aprender a lingua de Rosalía”.

 Os estudantes tamén se adentran na cultura galega

Estudantes de galego da Aula d'Idiomes, en Barcelona
Estudantes de galego da Aula d'Idiomes, en Barcelona

Actualmente hai en funcionamento un aula de iniciación, e á espera de abrir, unha de galego intermedio para descendentes de galegos e galegas que xa falan perfectamente galego, mais queren pulir a gramática. As aulas son atípicas, pois ademais de traballar vocabulario, os estudantes tamén se adentran na cultura a través de varios proxectos da comunidade galega en Barcelona, como teatro en galego, baile tradicional ou radio en lingua galega.

GC fíxolle unha pequena entrevista a este mestre de galego.

“QUEREN EDUCAR Á NENA EN GALEGO”

Canta xente vai o curso e que motivacións e obxectivos ten para aprender o noso idioma?
Agora mesmo hai 5 alumnos (a cooperativa non permite aulas de máis de 8 persoas), a metade de semestre entraran 3 persoas máis que xa teñen un nivel máis alto e agora as clases non lles serían proveitosas. Tan só dúas persoas son descendentes lonxanos de galegos. A maioría teñen contacto con Galiza a través de terceiras persoas (a súa parella, amizades, coñeceron o país dalgunha viaxe, etc) e senten interese por aprendelo. O caso máis bonito para min é o de Héctor, un home catalán casado cunha muller de descendencia galega, que acaban de ter unha cativa e queren educala en galego. O principal obxectivo é o de mergullarse de cheo na nosa lingua e cultura. Aquí en Catalunya téñennos bastante aprecio.

Como é o voso proxecto lingüístico e porque vos decidiches polo galego?
A idea de lanzar aulas en galego xurdiu porque diferentes persoas se puxeron en contacto comigo para que lles conseguira escolas ou academias onde aprendelo. Despois de investigar, non atopei ningún centro que ofertara a nosa lingua, así que púxenme en contacto coa cooperativa Aula d'Idiomes para organizarmos unha. As aulas son un chisco diferente do común, pois o que estou a facer é adentrar aos alumnos na comunidade galega facendo teatro, baile, recitais, festas, etc. todo en galego. O que me motivou a ser profe foi o desexo destas persoas por aprender a nosa lingua e o cariño que mostran cara o noso país e a nosa cultura. Ademáis da axuda prestada pola cooperativa para termos un espazo onde impartir aulas.

Desde a túa experiencia, como é a situación dos galegofalantes en Cataluña?
A situación dos galegofalantes aquí, atrveríame a dicir que en moitas ocasións é mellor que en Galiza. A comunidade galega aquí comunicámonos en galego entre nós e de forma pública sen ningún problema e ninguén pon mala cara por iso. Non é raro atoparse carteis anunciando algo en galego xunto co catalán, a igual que non é raro atoparse a xente falando galego pola rúa. É algo xenial cando pasa e instintivamente saúdas a esas persoas sen coñecelas de nada pero hai complicidade.

 Levan a Galiza no corazón

E cres que a situación que se viven en Cataluña está a afectar, digamos, positivamente, á aprendizaxe doutras linguas minoritarias e minorizadas?
Non sabería dicirche no resto de Catalunya, mais en Barcelona, dende que vivo aquí, sempre notei que hai ese ambiente por facer as cousas diferente, sexa estudar unha lingua ou outra cousa. Tamén é certo que aquí a xente en canto chega ten moi mentalizado que debes aprender catalán, non porque che obriguen a facelo, pero danche as ferramentas que precises para que non teñas problemas (como aulas de iniciación ao catalán de balde por toda a cidade). E creo que iso é un factor importante para que se aprendan linguas como o galego. Logo respecto o que pensan os galegos de 2ª xeración, os que eu coñezo e non podo xeneralizar, están como no medio pois indentifícanse como cataláns pero séntense completamente galegos e o máis abraiante e que non os distingues ata que che din que eles son de aquí e que os seus pais ou avós eran de Galiza. E respecto da política (os que eu coñezo) teñen bastante claro que levan a Galiza no corazón pero tamén queren vivir nunha república e como xa me dixeron máis dunha vez: "quen me criou e me dou de comer foi Catalunya".

“Máis de cen motivos, que pagan a pena”

PORQUE YOLANDA QUIXO APRENDER GALEGO

E esta redaccion tamén recibiu unha carta dunha das estudantes sobre as súas motivacións para aprender o galego.

Por que o galego? E iso, para que che serve?

Curioso como a muller que fai máis de trinta anos díxome: Aprende a falar o catalán, vivirás eiquí e traballarás eiquí –cando eu mostraba unha certa resistencia a falalo,... por lealdade ó pai?–...agora facíame esas preguntas?

Será porque o amor á terra tamén se mama na casa? Porque dende pequena o galego era a música de fondo das conversas, a 1000 ou 6000 km de distancia. Por ese sentimento de alegría que traspasa a pel o chegar a León, despois de 900 km en coche, cada verán, chegando a casa, aínda que quen chegaran fosen... “os cataláns”.

Pola emoción dunha paisaxe? Polas mallas? Polo forno e o pan feito na casa cada dez días? Pola acollida xenerosa da tribu? Polo sentimento de pertinencia? Porque os nosos pequenos –que teñen 4 avós galegos e 3 andaluces– teñen que saber quen son e de onde veñen? Por facer unha homenaxe ó home que me puxo o nome e de quen aprendín a rir, a bailar e a respetar a xente?

“Máis de cen motivos, que pagan a pena”

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

5 Españolistas dades noxo

Fica claro que en Catalunya hai máis liberdade lingüística ca en Galiza.

4 Chulio Progre

Parabéns aos cataláns que camiñan cara a liberdade e rinse dos prexuizos españolistas. E aquí NOXO polos desleigados e traidores. E non falo só da partida mafiosa do Partido Podre. Falo dos impostores do BNG e das Mareas de Podemos: dos colonizados que rexen os concellos (exemplos a moreas), dos que manteñen topónimos deturpados (exemplos varios), dos medosos que calan (exemplo: Deportivo de La Coruña, graciosa e gratuita concesión do concello de antes e de agora), dos que desprezan desde as institucións o galego (exemplo: museos científicos coruñeses, dependentes do concello, antes e agora)... Aquí o moderno é non facer nada, deixar pasar e asubiar. A RAG, un almacén de trastos inútiles para lucir o Día das Letras e calar o resto do ano. E A Mesa, un negociado de amigos para non incomodar 'aos nosos', non vaia ser que nos tiren da directiva...

1 Carliños

Pues a mi me parece lo contrario. Los golpistas catalanes están matándose entre ellos por escapar de la prisión- huyendo a Suiza, Bélgica o renegando de todo - mientras que en Cataluña sigue habiendo colegios en barracones. Ahí tienes a la patética golpista Forcadell, la del "ni un paso atrás" llorar ante el juez suplicando no ir a la cárcel porque "es abuela". Mientras tanto, la parte más avanzada, rica y cosmopolita de Cataluña ya ha mostrado su voluntad de permanecer en España, frente a la caciquil y subvencionada. En fin, que te quedas más solo que la una.

2 ríos

Carliños y la justicia y el estado esosñol se niega a llamarlos presos politicos cuando li son porque no esran en la cárcel por robar matar sino por sus ideas politicas y al estado español lo han condenado por violar la libertad de expresion ese es ek gran pais que defiendes ya sabiamis que los españokes ni sabeis nada de democracia el ultimo democrata salio de españa huye do del fascismo en el 39

3 nostrus

ríos, algo tienes en comun con los batasunos que tambien llamaban presos politicos a los de eta.

4 FUN EU

Mais ten que ver Nostrus co terrorismo, cando apoia o terrorismo de estado.

3 GalegON

Bravo! Catalunya ten outra mentalidade, e queren erosionala con centralismo e odio dende o Goberno Español actual. Visca Catalunya i els gallecs-cataláns !

2 Maria Rosa Biscarri

Me gustaria me indicaran donde está este centro, pues yo vivo en Barcelona y estoy buscando un sitio donde aprender a hablar en gallego. Me ppueden ayudar? Mi correo mr.biscarri@gmail.com

1 Maria Rosa Biscarri

Me gustaria me indicaran donde está este centro, pues yo vivo en Barcelona y estoy buscando un sitio donde aprender a hablar en gallego. Me ppueden ayudar?

1 teutonio

Este é o enderezo Aula d´idiomes Carrer Torrent d’en Vidalet, 32-34, 08012 Barcelona (Gràcia L4 Joanic / L3Fontana) | auladidiomes@gmail.com

2 Fartodalingua

A ver Rosiña, no hagas caso a Tontonio y no pierdas el tiempo aprendiendo una lengua que no sirve para nada. Estudia inglés, francés alemán o chino. Incluso portugués. Pero gallego...

3 Aprende

Aprender unha lingua que falan 260 millóns de persoas non me parece algo "que no sirve para nada". A parte de ser riqueza cultural e que cada un aprende o que lle gusta e o que lle dá a gana, pero xa se sabe que os fascistas só consideran útil as cousas das que poden tirar rédito económico, aínda que por si mesmo sexa algo totalmente banal e inútil total, coma os programas de "corazón" e tantas outras cousas que hoxe xeran millóns aínda que non sexan importantes obxectivamente.