PSA Vigo confirma que a comercialización das novas furgonetas iniciarase despois de verán

A saída ao mercado das novas furgonetas da fábrica de PSA Peugeot Citroën en Vigo (coñecidas como o proxecto K9) terá lugar despois do verán, segundo confirmou este martes a dirección da factoría.

VIGO | 13/03/2018 | Actualizada ás 19:00 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A saída ao mercado das novas furgonetas da fábrica de PSA Peugeot Citroën en Vigo (coñecidas como o proxecto K9) terá lugar despois do verán, segundo confirmou este martes a dirección da factoría.

O director do centro e do Polo Industrial Ibérico, Frédéric Puech, sinalou que o proceso segue o "camiño estándar" dos lanzamentos, e que, a partir do mes de xuño, aumentarase a cadencia de produción. Así, a previsión é que os novos modelos estean o mercado despois de verán.

Segundo incidiu, con esa previsión, a planta de Balaídos alcanzará o seu máximo potencial de produción. Así mesmo, lembrou que as novas furgonetas sairán ao mercado para particulares e como vehículos comerciais, aínda que non precisou cales se comercializarán primeiro ou se sairán de forma simultánea.

Puech fixo estas manifestacións despois de acompañar ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, nunha visita á factoría, para mostrarlle a transformación da fábrica con motivo dos novos lanzamentos.

O rexedor, quen expresou o seu desexo de que "unha das primeiras K9 sexa para o Concello", eloxiou a "capacidade" de adaptación da fábrica de PSA en Vigo, e proclamou que o proxecto da automobilística "vai garantir o futuro" da empresa na cidade, e "unha parte importantísima do futuro industrial" da comarca.

"Acabamos de visualizar un proxecto de éxito", incidiu, e celebrou que a planta de Balaídos poida garantir "emprego para os próximos 10 anos".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta