Temas: TVG TELEVISIóN

A TVG, a canle autonómica máis comprometida cos trazos culturais dos seus telespectadores

O 90 por cento dos galegos considera que Televisión de Galicia contribúe a promover a identidade galega, segundo unha enquisa realizada para Forta, a unión de canles autonómicas públicas do Estado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/03/2018 | Actualizada ás 19:25

Comparte esta noticia

O 90 por cento dos galegos considera que a Televisión de Galicia contribúe a promover a identidade galega, segundo unha enquisa realizada para Forta, a unión de canles autonómicas públicas de España. Así, segundo explica a TVG, a televisión autonómica galega é a que está en "máis sintonía con trazos culturais dos seus telespectadores" e do país.

Gayoso e Silvia Jato no Luar da TVG.
Gayoso e Silvia Jato no Luar da TVG.

De feito, a televisión galega sitúase oito puntos por enriba das seguintes nesta mesma clasificación, que son a catalá e a andaluza. Os madrileños son os que menos valoran a súa canle autonómica, xa que só un 45 por cento opina o mesmo acerca de Telemadrid.

Este estudo, que se presentou este martes, tamén di que a Galega é a televisión cuxa audiencia a ve como empresa máis moderna. Pénsao así o 80 por cento dos espectadores enquisados.

INFORMACIÓN INTERESANTE

Ademais, o 72,6 por cento dos enquisados opina que as autonómicas ofrecen información interesante e próxima, mentres que para o 55 por cento son as que atenden unha maior variedade de públicos e contidos, unha porcentaxe que chega ao 65 por cento entre os mozos de 15 a 35 anos.

A enquisa tamén desvela que mesmo naquelas comunidades autónomas que non contan con canle autonómica propia se considera estes medios como os que máis contribúen a difundir a realidade e a cultura local e rexional.

Para este traballo demoscópico, realizado pola consultora GFK, realizáronse mil entrevistas. levou a cabo con motivo do 35 aniversario do inicio das primeiras emisións das televisións públicas autonómicas, que para o 70 por cento dos cidadáns do Estado son un servizo público necesario para a sociedade no seu conxunto.

Temas: TVG TELEVISIóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

10 Arturo

A TVG tería que ter en conta, tamén, ao público urbán galego, con programas de tipo cultural, coma o que ( seica) agora van facer desaparecer. E a TVG fixo unha serie absolutamente lograda, rozando a perfección, como foi " Matalobos", onde saían case todos os actores galegos,( por pouco tempo porque os mataban decontado), e cun protagonista pausado, cunha técnica actoral relaxada, que, literalmente, se saía. Menos insultos, menos rollos que xa cansan de oilos mil veces, e mais discursos positivos.

9 luis ferrolán do pisco

Sintóo pero temo que decìlo....pòis e evidente ....Atele-faba .....e unha triste e noxenta merda..

8 Tve

Andan os fachas a dicer que hai que fechar as canles autonómicas, mais cando lles dis que a TVG é mellor valorada, ten máis audiencia e mellor balance económico que a TVE rabean, pois non poden permitir que a canle creada por Franco e foco de adoutrinamento españolista feche. É gracioso! Hahahaha

7 Artimaña

En todo caso a que hai que eliminar é a TV Española con todas as súas canles (1, 2, Clan, TD, 24 horas) foco de adoctrinamenteo fas cista españoleiro...se até hai libros en castejuanu que dín que é un idioma de tan outo nivel como o Galego ou o Eúskaro!!!!...a onde imos chegar cos noso Impostos, pardieu!!.

6 Artimaña

En todo caso a que hai que eliminar é a TV Española con todas as súas canles (1, 2, Clan, TD, 24 horas) foco de adoctrinamenteo fas cista españoleiro...se até hai libros en castejuanu que dín que é un idioma de tan outo nivel como o Galego ou o Eúskaro!!!!...a onde imos chegar cos noso Impostos, pardieu!!.