Temas: XABARIL PPDEG BNG

BNG e PPdeG coinciden en que o xabaril é un problema

Ambos os dous grupos están de acordo en poñer en marcha medidas para evitar os ataques deste animal. O nacionalista Mini di que o porco bravo “vive as súas anchas” ante a ausencia humana no rural.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/03/2018 | Actualizada ás 10:47

Comparte esta noticia

Os ataques do xabaril a explotacións agrarias uniron a BNG e PPdeG logo de que o deputado nacionalista, Xosé Luís Rivas (Mini), teña preguntado á Xunta no Parlamento polas  medidas previstas  contra os danos  destes ataques en propiedades e estradas.

Xabaril
Xabaril | Fonte: Universidade de Lisboa.

O deputado do BNG insistiu en que “o abandono do rural” incrementa o problema porque, ao seu entender,  o porco bravo ante a ausencia humana “vive as súas anchas”. Por outra parte, a abundancia de comida e refuxio tamén incide ao igual que a grande procreación das femias. “Os agricultores e gandeiros reclaman batidas pero a solución non pasa só pola escopeta e o lazo, aínda que as batidas sexan necesarias”, apuntou. “Mentres non exista un censo da poboación desta especie e estudos do seu comportamento non contaremos coas alternativas necesarias”, engadiu.

Na súa intervención, Mini cualificou de “insuficientes” as axudas e  acusou a Medio Rural de non responder ás chamadas das persoas afectadas por ataques desta especie. “O campo parece que “non pinta nada” para a consellería, dixo. A directora de Medio Rural, Ana María Díaz, coincidiu co nacionalista no grave problema que representa o porco bravo en Galiza e confirmou que a Xunta segue estudando posibles alternativas. 

Xosé Luís Rivas pediu un estudo do censo actual da poboación da especie, “por comarcas”, pero Díaz afirmou que non existen moitos expertos para elaborar estudos e tamén recoñeceu que a orde de axudas do 2016, “non foi suficientemente difundida”.

O parlamentario do BNG insistiu  na necesidade de  recuperar as liñas de axudas para reparar os danos nos cultivos e propiedades así como nas estradas e cualificou de “incomprensible” que a Xunta deixara de pagar as axudas.

Xabarín morto nunha batida
Xabarín morto nunha batida | Fonte: stopcaza.org

Temas: XABARIL PPDEG BNG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 marea = pepeiro

que barbaridade, coinciden... que barbaridade, pois si e un.ha Praga si esta facendo grandes estragos, o que e necesario e cazalo e facer guisos a carne e boa, pero e complicado cazalo, isto non é un raposo de tamaño dun gatiño, isto e outra cousa, ataca e ataca, ata o lobo fuxe, pero o xabarin tira para adiante, non ten medo a ninguen!!! e pode percorrer 25 quilómetros pola noite coma si tal cousa! -- o pp e o bloque coinciden... señores a marea e o pp coinciden na unidade de expaña que nos leva a ruina, que desertiza o rural galego e enche de fauna porcallenta os eidos e as corredorias

2 Xan do Can

Estupendo Mini, o PP está polo negocio dos cazadores, e non está só... Non se discute que na Galiza, con núcleos dispersos, sexa autorizada a caza con rifle (victimas cada ano, quilómetros de alcance!)? Non se lembra que con Suárez Canal, si cando o BNG estaba a cargo de Med(i)o Rural, as axudas e a planificación eran iguais que co Partido Podre? Será que PPsoE e BNG coinciden en moito máis do que (aparentemente) contan para a galería?

1 Hermerico

Que ninguém pense que há um desequilibrio na cadeia trófica pola falta de predadores. Isso seria arruinar a festa aos escopeteros