Temas: UE PENSIóN

O Tribunal Europeo ve ilegal denegar o complemento por incapacidade

O Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TUE) ditaminou este xoves que é posible cobrar á vez un complemento de pensión por incapacidade permanente total e a pensión de xubilación de países diferentes.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 15/03/2018 | Actualizada ás 11:53

Comparte esta noticia

O TUE ditaminou que a norma española que prevé a suspensión do complemento cando se percibe a pensión doutro país, non se axusta a priori á norma europea. Este era un dos puntos que o colectivo de pensionistas emigrantes retornados en Galicia viña denunciando desde hai varios anos.

Protesta de emigrantes retornados
Protesta de emigrantes retornados | Fonte: Europa Press

O caso refírese a de un cidadán español que empezou a cobrar unha pensión de incapacidade permanente total en España e un complemento do 20% da base reguladora, previsto na normativa española se o traballador ten 55 anos ou máis. O Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) suprimiullo despois de ver que levaba cobrando sete anos outra pensión de xubilación de Suíza e esixiulle a devolución dos 17.340,95 euros abonados. O afectado recorreu ante o Xulgado do Social nº1 de Ponferrada (León), que lle acabou dando a razón asegurando que non era incompatible cobrar ambos.

O Tribunal Superior de Castela e León pediu á xustiza europea que aclare a compatibilidade dadas as discrepancias entre os tribunais nacionais despois de que o INSS interpuxese un recurso de suplicación. O INSS  dixo que a xurisprudencia do Tribunal Supremo estipula que o complemento se suspende cando se percibe unha pensión doutro Estado membro ou Suíza ou cando o beneficiario ten un emprego.

Na súa sentenza deste xoves, o TUE ditaminou que a cláusula de suspensión do complemento previsto na norma española que prohibe a acumulación,  constitúe unha redución no sentido do regulamento comunitario, que non é aplicable ao complemento que este non está incluído no anejo do mesmo.

As cláusulas de redución previstas nas normas nacionais, segundo a normativa europea, só poden aplicarse cando a prestación figura no anejo ou se o importe da prestación é independente da duración dos períodos de seguro ou de residencia cumpridos, algo que deberá comprobar o Tribunal Superior de Xustiza de Castela e León.

Temas: UE PENSIóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta