Temas: FURANCHO TURISMO

Os furanchos, unha oferta gastronómica normalizada en Galicia

Non houbo ningún tipo de incuprimento relativo ao funcionamento destes establecementos nos últimos cinco anos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2018 | Actualizada ás 18:38

Comparte esta noticia

Os concellos galegos non comunicaron á Xunta ningún incumprimento relativo ao funcionamento dos furanchos desde a aprobación do decreto de outubro de 2012. Así o indicou a directora de Turismo, Nava Castro, este xoves na comisión do ramo, preguntada polo socialista José Manuel Pérez Seco no Parlamento.

Un furancho en Vigo
Un furancho en Vigo | Fonte: vigoturismo.com

Castro criticou que o Goberno bipartito de PSOE e BNG "desvirtuou" o "verdadeiro carácter" dos furanchos e defendeu que "esta situación tivo que corrixirse, con éxito", por parte do Goberno de Alberto Núñez Feijóo.

Así, apelou á lei "que non considera establecementos de restauración" a estes lugares e destacou as competencias municipais no caso de "detectar incumprimentos" da nova normativa.

Aínda precisando que non é "a persona indicada" para informar sobre este tema, Castro confirmou ao deputado do PSdeG que o Executivo autonómico non recibiu "ningún tipo de comunicación por parte de concellos de incumprimentos", e incidiu en que "comunicar calquera suposto forma parte das súas obrigacións". "Se algún concello comunica algún incumprimento, contará coa vontade de Turismo", resolveu.

Temas: FURANCHO TURISMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta