A Xunta insiste en enfrontar os funcionarios da Xustiza co resto da sociedade ao cualificalos como privilexiados

“Non podo explicar a un pensionista galego que non temos diñeiro para subir as súas pensións de acordo co incremento do IPC e que si o temos para seguir aumentando ata un 13 por cento o soldo dos empregados públicos de xustiza”, di Feijóo. Os funcionarios lembran que rebaixaron en cen euros as súas peticións iniciais.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/03/2018 | Actualizada ás 20:32

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, volveu tentar enfrontar aos funcionarios de xustiza co resto da sociedade, desta volta, cos pensionistas, e acusounos de querer cobrar máis que ninguén cando a situación económica aínda non é boa.  "Non podo explicar a un pensionista galego que non temos diñeiro para subir as súas pensións de acordo co incremento do IPC e que si o temos para seguir aumentando ata un 13 por cento o soldo dos empregados públicos de xustiza", asegurou Feijóo, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

Protesta funcionarios xustiza
Protesta funcionarios xustiza

Feijóo non o concretou, pero referíase a que a última oferta que a Xunta puxo sobre a mesa aos empregados de xustiza --105 euros máis ao mes para todos os corpos--, que sumada á subida pactada en Madrid para todos os funcionarios situaría o aumento no 13%. Con todo, os funcionarios insisten en que baixaron xa as súas previsións iniciais de 270 euros a 190 euros e que a proposta da Xunta “ten trampa”.

“O meu executivo non pode subir as pensións a todos os galegos e, en consecuencia, non me sinto autorizado para acceder ás demandas dos empregados públicos de xustiza”, insistiu Feijóo ao tempo que volveu criticar a sindicatos e partidos por “politizar” esta cuestión. "Xa se mesturan intereses políticos con intereses sindicais", criticou. Ademais, lamentou que "desde os partidos" se use aos cidadáns "para seguir prolongando un desacordo salarial". 

CONCENTRACIÓN

A mesma hora, máis dun centenar de funcionarios de xustiza concentrouse na Coruña nunha nova xornada de folga indefinida baixo a lema 'Non a discriminación na xustiza galega'. En declaracións aos medios de comunicación, o portavoz na Coruña dos sindicatos convocantes da folga, Javier Fernández, lamentou que desde o 9 de marzo non tiveron ningún tipo convocatoria para reunirse coa Xunta de cara a abordar este conflito laboral.

En canto aos 105 euros máis ao mes que a Xunta está disposta a subir aos 2.700 funcionarios de Xustiza en Galicia, Fernández sinalou que non satisfai aos sindicatos, que reclama 190 euros máis ao mes. Unha cantidade "inferior" aos 270 euros que pedían ao comezo das negociacións, asegura. "Baixamos para que Xunta dea un paso adiante e terminar coa discriminación", afirmOu o portavoz dos sindicatos.

NOVA XUNTANZA

Pouco despois destas declaracións, a Xunta convocou aos sindicatos de xustiza a unha nova reunión para o vindeiro luns, día 19 de marzo, co obxectivo de retomar as negociacións que permitan pór fin á folga que os traballadores manteñen desde o pasado día 7 de febreiro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

5 Barbienchachiguayprogrelandia

A miña solidaridade con quen é capaz de defender as súas reivindicacións laborais; pero mentres, vós seguide coas lerias chachiguayprogres abastractas que si que dividen e sobre todo non serven para nada máis que para que vos dean cancha coma se fosedes unha halternatiba de esquerdas. Non o sodes. Só sodes a rama centro esquerda do ninismo aspirante a suceder ao PSOE. Igual que los de Rivera son a rama centro dereita e aspiran a logralo co PP. A min xa non me enganades. Nunca me enganastes. Ben souben que non representabades ningunha alternativa nin sequera ofreciades unha visión realmente crítica do poder. Vós, podemitas e mareantes acabastes coa esquerda. Nin sequera vos atrevedes a chamarvos republicanos. Creo que xa fixen un bo resumo do que sodes. As miñas condolencias aos cándidos que aínda non se enteraron. O peor de todo: conseguiron arrastrar ao bloque, no que aínda quedaban esquerdistas e á CIG con eles. A esquerda en Galicia esta en vías de desaparición.

4 Barbienchachiguayprogrelandia

A miña solidaridade con quen é capaz de defender as súas reivindicacións laborais, pero mentres vós seguide coas lerias chachiguayprogres abastractas que si que dividen e sobre todo non serven para nada máis que para que vos dean cancha coma se fosedes unha halternatiba de esquerdas. Non o sodes. Só sodes a rama centro esquerda do ninismo aspirante a suceder ao PSOE. Igual que los de Rivera son a rama centro dereita e aspiran a logralo co PP. A min xa non me enganades. Nunca me enganastes. Ben souben que non representabades ningunha alternativa nin sequera ofreciades unha visión realmente crítica do poder. Vós, podemitas e mareantes acabastes coa esquerda. Nin sequera vos atrevedes a chamarvos republicanos. Creo que xa fixen un bo resumo do que sodes. As miñas condolencias aos cándidos que aínda non se enteraron. O peor de todo: conseguiron arrastrar ao bloque, no que aínda quedaban esquerdistas e á CIG con eles. A esquerda en Galicia esta en vías de desaparición.

3 Anti spamña

Para subirlle a soldada a picoletos e madeiros si que hai cartos

2 Gallego

En realidad son los funcionarios huelguistas de Justicia los que se han enfrentado a toda la sociedad galega después de haberla chantajeado, insultado y provocado con su prepotencia. Por cierto, exactamente cuanto ganan, y cual es su horario real, porque según lo que señalan muchos abogados el horario real de muchos no pasa de las cuatro horas de trabajo efectivo. Feijóo sabe que tiene a la sociedad de su parte.

1 Alén

Qué ben interpretas o que les na vos de jalisia, meu.

2 Español

Sin embargo, la policía y la guardia civil si lo merece todo. A por ellos, oé!

1 Leike

Aquí a evidencia de privilexiado é Feijoo, a quen o delegado do goberno lle pasouno seu momento a información privilexiada e reservada da que dispuña polo seu cargo. Iso ven sendo encubrimento