A Xunta modificará normativas para previr desastres ambientais

O novo decreto actualizará outro de hai 23 anos e incorporará xa lexislación europea que insiste na prevención e non tanto na inspección.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/03/2018 | Actualizada ás 12:40

Comparte esta noticia

A Xunta está a realizar unha nova normativa sobre a inspección ambiental en Galicia co fin de fomentar a función preventiva. Deste xeito, a nova lei incidirá na necesidade de fomentar a función preventiva no canto de que a inspección ambiental se centre na comprobación das posibles infraccións e como estas poden afectar o ambiente.

A investigadora da Universidade de Vigo Iria Durán analizando o nivel de contaminación da Ría
A investigadora da Universidade de Vigo Iria Durán analizando o nivel de contaminación da Ría

Actualmente, en Galicia o marco normativo autonómico vixente está constituído pola Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia, polo que se regula o exercicio da inspección ambiental única e a tramitación das denuncias ambientais. É dicir, é unha norma con máis de 20 anos de vigor que se atopa desactualizada con respecto á normativa estatal e á normativa comunitaria; así como respecto da actual organización e funcionamento da propia inspeccións ambiental de Galicia.

De feito, actualmente, a normativa comunitaria recolle toda unha serie de obrigas respecto da necesidade de realizar inspeccións ás instalacións sometidas a autorización ambiental integrada e da necesidade de elaborar plans e programas de inspección que comprendan estas instalacións, establecendo previsións específicas tamén respecto ao desenvolvemento das inspeccións a estas instalacións e a documentación xerada nestas, así como a obriga de facer públicos os informes derivados das devanditas inspeccións. 

Por iso, a nova normativa tamén se incidirá no labor de concienciación e información que desempeñan os inspectores ambientais, función esencial no cumprimento do obxectivo principal de prever a produción de danos ambientais. 

Outra das razóns que xustifican esta actualización da normativa é que non se recollen todas as instalacións que son obxecto de inspección, como son as sometidas a autorización ambiental integrada consonte o disposto no texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2016; previsión que resultaba imposible dado que as normas autonómicas son anteriores á normativa comunitaria que deu orixe a este réxime de intervención administrativa.

Saída do colector vello de saneamento no Pindo chea de contaminación por fecais
Saída do colector vello de saneamento no Pindo chea de contaminación por fecais | Fonte: Quino Pais

Nas vindeiras semanas, a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio iniciará o proceso de consulta pública previa, co fin de compilar a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente regulados pola futura norma con carácter previo á elaboración do anteproxecto de decreto. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 aborto lexislativo en proceso

mais e mais burlas, mais e mais tontadas, eu non fia da tropa da untada da malicia, algún que teñen por presidente asistia a barcos do narco, ¿Qué caste de consideración pode ter un suxeito tan inmundo? ou e acaso que pensan que todos somos drogrados o fillos da heroina??? acaso siguen pensando os abominables herexes que Deus ten nai??? señores como decía algún crego con mellores luces... foi o santo palomo chamado "san jose" o que embarrigou a virxe maria!!!!- non se fien de ninguen desta xente, todas isas melloras non son melloras son empeoras, están empeorando as cousas legalmente ... aquí esta o reformismo da constitución, xa esta reformada nestes anos para peor, coa colaboración indispensable do partido podreiro e os seus mareados, os comicos ises chamados -vieiras, rejon, Waldo das jons, o xuiz villanías, a apócimas, a santucha e demais apóstoles da inutilidade manifesta!!!