Villares quita ferro ás ausencias no plenario e remarca que "todas as voces valen o mesmo" en En Marea

O portavoz de En Marea, Luís Villares, quitou ferro ás ausencias este sábado no plenario que a formación rupturista celebra en Santiago, onde, entre outros, non participarán os chamados 'alcaldes do cambio'. "Cada un ten as súas prioridades. Todos os votos e todas as voces valen o mesmo para decidir o discurso político", comentou.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/03/2018 | Actualizada ás 13:35

Comparte esta noticia

O portavoz de En Marea, Luís Villares, quitou ferro ás ausencias este sábado no plenario que a formación rupturista celebra en Santiago, onde, entre outros, non participarán os chamados 'alcaldes do cambio'. "Cada un ten as súas prioridades. Todos os votos e todas as voces valen o mesmo para decidir o discurso político", comentou.

Luís Villares
Luís Villares | Fonte: Europa Press

Villares atendeu aos medios á súa chegada á Facultade de Económicas onde desde as 10,00 horas deste sábado En Marea celebra un plenario do que sairá a súa postura e grao de implicación nas candidaturas municipalistas para as eleccións do próximo ano.

Un conclave no que non participarán os alcaldes da Coruña, Xulio Ferreiro; Santiago, Martiño Noriega; e Ferrol, Jorge Suárez; quen, no verán de 2016, encabezaron os movementos que derivaron no nacemento de En Marea. "Os impulsores o que dixeron no seu día era que daban un empuxón ao proxecto e o proxecto voaría. O que está a facer hoxe En Marea é voar", asegurou Villares, que engadiu que lle gustaría que no plenario deste sábado "estiveran os 2.500 inscritos" da formación rupturista.

"O positivo é que todo o mundo poida facer achegas. É o grande do espazo de En Marea, que todo o mundo en igualdade de condicións e con horizontalidade pode facer achegas. Aquí é o lugar para facelo", apostilou.

PLENARIO

En Marea afronta este conclave coa intención de definir o seu papel nas municipais de 2019, para as que se ofreceu a prestar apoio loxístico e de coordinación ás candidaturas de unidade popular, así como a explorar unha vía xurídica que sirva de "paraugas instrumental" para aumentar a súa presenza nas deputacións.

As relacións e o traballo dos deputados de En Marea nas Cortes tamén estará no foco, xa que un dos documentos que serán sometidos a debate fai referencia aos parlamentarios de Madrid, aos que a dirección da organización lembra que deben representar "o suxeito político galego".

Segundo a organización, para a cita están rexistradas unhas 200 persoas e contará coa participación de representantes dunhas 80 mareas municipalistas. Ás 11,30 horas, tras aprobar o regulamento do plenario e afrontar o primeiro punto do día, os asistentes gozaron dun receso para poder participar na concentración convocada na Praza de Cervantes polo colectivo de pensionistas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

4 Alén

Mira que tés tragadeiras, amigo. Nada home, alegría aínda que che fagan a cama e che poñan os cornos a diario.

3 Preguntoiro

Por que lle chamades formación rupturista?

1 Opa

Porque rompen con todo empezando entre eles mesmos e tamén coas promesas e cambian de postura sobre todo. http://212.51.53.188/pdf/NAC-0043-0...

2 Alén

Villares non o cres nin ti. O do partido instrumental cóntallo á descansa, iolanda, vello e demáis familias. Nunca mellor dito o de formación rupturista... da unidade popular, claro.

1 Reborainasworld

Parabéns. Menos mal que empezades a ver a luz.

2 Puñais voando na secta

Agardo que non lle chame LUZ a isto: http://www.galiciaconfidencial.com/...

1 Baleirario

Se non había nin cincuenta persoas no baleirario. Desolador. Congreso microbús, menos aínda que no congreso de Anova.