Beiras: "Non se pode loitar contra a casta se hai casta dentro"

Censura que deputados de En Marea reneguen do partido en Madrid. "Calquera que diga que non é de En Marea sendo deputado por En Marea está a estafar aos cidadáns que o elixiron", espetou.

Por E.P. | Compostela | 17/03/2018 | Actualizada ás 13:43

Comparte esta noticia

O histórico dirixente do nacionalismo galego e membro do Consello das Mareas, Xosé Manuel Beiras, cargou con dureza contra os parlamentarios de En Marea que renegan do partido instrumental polo que foron electos para o Parlamento de Galicia e as Cortes do Estado. "Calquera que diga que non é de En Marea sendo deputado por En Marea está a estafar aos cidadáns que o elixiron", espetou.

Xosé Manuel Beiras
Xosé Manuel Beiras | Fonte: Europa Press

"Non se pode loitar contra a casta se hai casta dentro", asegurou Beiras á súa chegada á Facultade de Económicas, onde este sábado ten lugar o plenario no que o partido instrumental definirá o seu papel para as eleccións autonómicas do próximo ano e a súa relación cos parlamentarios nas Cortes, aos que a dirección pide que representen "o suxeito político galego".

Beiras, acompañado polo portavoz de En Marea, Luís Villares, atendeu aos medios e mostrouse moi crítico con aqueles parlamentarios electos polo partido instrumental pero que marcan distancia coa organización. "Iso é absolutamente inaceptable. Sempre fun contrario a medidas disciplinarias, pero haberá que tomar medidas", apuntou.

"En En Marea todos os cargos electos son de En Marea. Todos os membros dos grupos nas Cortes e o Parlamento de Galicia foron inscritos nunha lista presentada por unha organización que estaba constituída xa desde a Asemblea de Vigo como partido instrumental da unidade popular e de afiliación individual que se chamaba En Marea", lembrou.

Deste xeito, Beiras reclamou a "a representación" de En Marea en Madrid que manteñan "unha disciplina de absoluto respecto ao proxecto porque non tela nestas circunstancias é unha deslealdade cos cidadáns que os elixiron". Para o histórico político, contradicir este principio "pon en perigo a credibilidade da organización" e "calquera proceso e evolución positiva" fronte á "involución" que, ao seu xuízo, sofre o Estado español.

"É unha responsabilidade ética. Sempre dixen que a ética por encima da política. Gustaríame que isto fose predicable a toda a esquerda do Estado. Pero non o é. É o primeiro que temos que resolver", remarcou.

Así as cousas, Beiras considera que a situación que atravesa o Estado cun "autoritarismo disfrazado de constitucionalismo" debe afrontarse con "moita intelixencia", "moita unidade" e "moitísima disciplina". "E iso é o que está a faltar".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

11 Gamela

O problema da esquerda non está só en Madrid... aquí a casta tamén vive de costas á xente do común... e non hai quen os baixe da MOQUETA https://i.gal/gamela05

10 Edelmiro

Imos ver Beiras. Rodeáchete de adolescentes de todas as idades sabendo o que hai na nosa terra. Pouca ou moi pouca xente madura. E os que maduramos tamén estamos orfos. Xa que ou és radical de esquerdas, és vegano, tes un coche destartalado, mercas no comercio tradicional aínda que o teu soldo senha unha merda, e moitos etcéteras.E dicer, unha chea de prexuizos que non están escritos... e sabendo isto vás e formas EN MAREA. Sabías que moita xente quedaba fora do "espectro nacionalistas ou galeguista" por culpa dos que se din "nacionalistas" e logo son tan covardes como os de EN MAREA. Seino. Pero xa está. Agora, sabendo isto, volta cos homes e mulheres nacionalistas de verdade. E déixate de seguir coa mesma leria. Agora xa abonda. No BNG e satélites aprenderon a lección. Pero xa é hora de que volvas con nós. Ti e moitos máis.

1 Edelmiro

Antes de me ir. A casta créase e agrándase cando tes moitos votos e uns poucos simpatizantes. Iso sí que é crear casta. E ti o sabes. Sabeo calqueira que tenha dous dedos de fronte. É unha plataforma pìramidal. E iso é casta.

9 A VIEIRA ESTA PODRE

Xa esta aquí de novo o “capitán calzons” e o seu miserento escudeiro o xuiz villanías, lamentable o que di, desde cando os deputados do podreiros son deputados de enmarea??? Andades de salvagardas pero de quen si non son os alcalduchos cucuruchos, -vieiras ti es o rei dos xestúpidos, de que vas, xa basta de mentir, pero e que alguen pode crer algo deste calzons, non e mais cun ser nefasto E QUE XA DAS PENA!!!! DAS MAS PENA QUE NOXO COA TUA IMITACION DUN PASPAN QUE NON SE ENTERA DE NADA E QUE E ROUBADO NO MEDIO DO MERCADO, non amigo aquí o ladron e o falso es ti –VIEIRAS ti es o xefe dunha bola de redomados hipócritas, -VIEIRAS TI ES MAIS FALSO CO BICO DE XUDAS, asi es amigos,política decepcionante e desoladora, deprimente, carallo que decirlles…

8 limico

Deixade de marear á xente. O nacionalismo de esquerdas galego está ben organizado. Toda aquela persoa que se considere nacionalista galega, ou de esquerdas, ou galeguista.....ten sitio no BNG. Cabemos todos e todas.

7 Vijo

Beiras, beiras, beiras. Este home e os seus lacaios non coñecen a palabra xubilación? Sempre o mesmo dende os oitenta...Non pode vivir como calquer outro da súa idadee, ou é que se aburre?