Beiras: "Non se pode loitar contra a casta se hai casta dentro"

Censura que deputados de En Marea reneguen do partido en Madrid. "Calquera que diga que non é de En Marea sendo deputado por En Marea está a estafar aos cidadáns que o elixiron", espetou.

Por E.P. | Compostela | 17/03/2018 | Actualizada ás 13:43

Comparte esta noticia

O histórico dirixente do nacionalismo galego e membro do Consello das Mareas, Xosé Manuel Beiras, cargou con dureza contra os parlamentarios de En Marea que renegan do partido instrumental polo que foron electos para o Parlamento de Galicia e as Cortes do Estado. "Calquera que diga que non é de En Marea sendo deputado por En Marea está a estafar aos cidadáns que o elixiron", espetou.

Xosé Manuel Beiras
Xosé Manuel Beiras | Fonte: Europa Press

"Non se pode loitar contra a casta se hai casta dentro", asegurou Beiras á súa chegada á Facultade de Económicas, onde este sábado ten lugar o plenario no que o partido instrumental definirá o seu papel para as eleccións autonómicas do próximo ano e a súa relación cos parlamentarios nas Cortes, aos que a dirección pide que representen "o suxeito político galego".

Beiras, acompañado polo portavoz de En Marea, Luís Villares, atendeu aos medios e mostrouse moi crítico con aqueles parlamentarios electos polo partido instrumental pero que marcan distancia coa organización. "Iso é absolutamente inaceptable. Sempre fun contrario a medidas disciplinarias, pero haberá que tomar medidas", apuntou.

"En En Marea todos os cargos electos son de En Marea. Todos os membros dos grupos nas Cortes e o Parlamento de Galicia foron inscritos nunha lista presentada por unha organización que estaba constituída xa desde a Asemblea de Vigo como partido instrumental da unidade popular e de afiliación individual que se chamaba En Marea", lembrou.

Deste xeito, Beiras reclamou a "a representación" de En Marea en Madrid que manteñan "unha disciplina de absoluto respecto ao proxecto porque non tela nestas circunstancias é unha deslealdade cos cidadáns que os elixiron". Para o histórico político, contradicir este principio "pon en perigo a credibilidade da organización" e "calquera proceso e evolución positiva" fronte á "involución" que, ao seu xuízo, sofre o Estado español.

"É unha responsabilidade ética. Sempre dixen que a ética por encima da política. Gustaríame que isto fose predicable a toda a esquerda do Estado. Pero non o é. É o primeiro que temos que resolver", remarcou.

Así as cousas, Beiras considera que a situación que atravesa o Estado cun "autoritarismo disfrazado de constitucionalismo" debe afrontarse con "moita intelixencia", "moita unidade" e "moitísima disciplina". "E iso é o que está a faltar".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

1 Eterno Mestre

Casta dices cuando clavas tu pupila castosa en mi pupila azul... quen é casta os liberados, os alcaldes-baróns, Botín, Toñi Vicente, Reganosa, o dos áticos da Marea, quen é casta Beiras quen é casta? Que aliviados quedaron os que deixaron de aturarte. http://212.51.53.188/pdf/NAC-0043-0...

1 O que queda do BNG

Sobre Reganoxo, mellor pregunta nos akelarres da U. Non lle botedes o voso lixo a outros, ok?

2 Que reganoxo dades

Molesta que che recorden o apoio de Beiras, liberadiño? E que me dis do apoio actual de IU? http://www.ferrol360.es/el-suminist...