Un caminoneiro resulta ferido en Ordes ao explotar a roda do seu vehículo cando tentaba cambiala

Un camioneiro resultou ferido ao explotarlle a roda do seu vehículo, cando trataba de cambiala na área de descanso da AP-9 á altura de Ordes (A Coruña), ao redor das 12,00 horas deste sábado.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/03/2018 | Actualizada ás 14:05 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un camioneiro resultou ferido ao explotarlle a roda do seu vehículo, cando trataba de cambiala na área de descanso da AP-9 á altura de Ordes (A Coruña), ao redor das 12,00 horas deste sábado.

Os servizos sanitarios de urxencia atenderon ao camioneiro que resultou ferido de consideración. Segundo a información solicitada polo servizo de Emerxencias do 112 Galicia, o home saíu despedido tras a explosión da roda do camión guindastre que manexaba e que detivo na área da Ameixeira, precisamente, para cambiar o pneumático danado.

Para atender ao ferido desprazouse á zona un equipo das 061-Urxencias Sanitarias a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago, que está preparado para a evacuación inmediata do home, no caso de ser necesario.

O operativo activouse ás 12,00 horas, despois de que o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia recibise a chamada dun particular que solicitada asistencia urxente para o camioneiro, tendido no chan tras a explosión da roda.

Así, desde o CIAE 112, ademais dos servizos sanitarios, informouse aos axentes da Garda Civil e aos voluntarios de Protección Civil de Ordes.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta