A Xunta contará con intérpretes para favorecer a participación de persoas xordas

A Xunta e a Federación de asociacións de persoas xordas de Galicia (FAXPG) asinaron un convenio de colaboración polo que esta entidade facilitará intérpretes para favorecer a participación de persoas xordas e xordo cegas nos actos institucionais do Goberno galego.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2018 | Actualizada ás 14:55

Comparte esta noticia

Segundo informa a Xunta este domingo, a través deste convenio a FAXPG comprométese a prestar "os medios persoais necesarios" para garantir o acceso deste colectivo á información que se ofrece nos actos institucionais do Executivo autonómico.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda co presidente da FAXG, Iker Sertucha, nun acot en 2016
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda co presidente da FAXG, Iker Sertucha, nun acot en 2016

O acordo tamén establece que a federación ofrecerá accións formativas para achegar a linguaxe de signos aos traballadores da Adminstración autonómica. Galicia conta desde o ano 2016 cunha normativa que regula a atención á cidadanía no sector público de Galicia co obxectivo de garantir "unha mellor e maior atención cidadá" ás persoas con discapacidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta