Ana Pontón: "O cambio político en Galicia vai empezar nas eleccións municipais"

A portavoz nacional do BNG di que no momento actual o PP non revalidaría a súa maioría nunhas autonómicas cun Alberto Núñez Feijóo que "non é capaz" de defender os intereses de Galicia, debido á súa propia "ambición persoal".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2018 | Actualizada ás 18:19

Comparte esta noticia

Nunha entrevista á Cadena Ser, "desde a humildade pero con todo o optimismo", cre que o BNG "irá a por todas". Considera que "fortalecer a alternativa que representa o BNG" é unha aposta "sólida" para quen queren uns concellos "que realmente funcionen, que melloren a calidade de vida dos cidadáns, que lles dean contornas saudables e que recuperen o público para a cidadanía".

Ana Pontón, en entrevista en Radio Galicia
Ana Pontón, en entrevista en Radio Galicia | Fonte: Europa Press

Ana Pontón admitiu que a formación nacionalista xoga "moito nas municipais", xa que a alternativa é "manter os gobernos que están a funcionar ou pór en marcha cambios desde a base que permitan ter concellos abertos aos servizos dos cidadáns".

Ante o seu apoio político a outras formacións puntualizou que "sempre que ese cambio dependa do BNG" e o PP non conte con maiorías absolutas "favorecerase que haxa alternativas"; iso si, farase "sobre a base dun programa" e da necesidade de acometer "cambios reais".

FEIJÓO, "INCAPAZ" DE DEFENDER A GALICIA POLA SÚA "AMBICIÓN PERSOAL"

Pontón está "convencida" de que "se neste momento houbese eleccións" autonómicas, o PP non revalidaría a maioría absoluta. Arremeteu duramente contra Feijóo e os continuos rumores do seu futuro en Madrid. "Creo que o maior problema que ten Galicia é un goberno sen proxecto, á deriva e esgotado; a maior debilidade, un presidente que, por ambición persoal, non é capaz de defender os nosos intereses e fainos perder oportunidades".

Para Pontón, a "submisión absoluta" de Feijóo aos "intereses do seu partido" provoca que "nunca Galicia fose tan irrelevante e maltratada como hoxe co PP" e esa situación deixa "consecuencias que os cidadáns ven". A portavoz nacional agregou que lle "cansa" o "culebrón" de Feijóo como sucesor de Mariano Rajoy xa que non lle parece "relevante" o "punto de destino" do presidente galego, quen "está claro que se presentou para irse".

"O importante é que temos un goberno dimitido porque non está a defender os intereses de Galicia e non ten ningún proxecto" a excepción, aseverou, "sa demolición dos servizos públicos", o que demostra ao "seguir adiante" coa Lei de Sanidade ou coa súa "incapacidade" para defender aos pensionistas galegos coas pensións máis baixas.

Ademais, Pontón bota en falta alternativas ante as baixas pensións, a mala calidade do emprego ou a emigración dos mozos e está segura de que a "inxente mobilización social" é "máis importante" en Galicia que no resto do Estado. Sobre as reclamacións dos pensionistas, no próximo pleno do Parlamento, o Bloque presenta unha iniciativa para mellorar a pensión non contributiva dos galegos. Respecto diso, Pontón argumentou que "con 40 millóns de euros poderíanse mellorar unhas pensións que están por baixo do limiar da pobreza, 346 euros mensuais".

Por iso, Pontón non entende "como o presidente da Xunta non se pon ao lado dos pensionistas". "Estou convencida de que en 9.000 millóns de euros do orzamento da Xunta hai 40 para atender unha situación de emerxencia como a que teñen esas persoas".

"CANSAZO COAS POLÍTICAS DO PP"

"Hai un cansazo coas políticas do PP, coas políticas da dereita, cos recortes" xa que os cidadáns "non entenden por que, se o discurso oficial é que saímos da crise, nas súas vidas non o fan". Por iso, fala "dun punto de inflexión" que marcará o cambio político.

A líder dos nacionalistas galegos cre que as organizacións políticas deben estar "moi atentas" a "o que pasa na rúa" grazas ao "importante" traballo "de reivindicación, de dicir "¡basta xa!" de sindicatos e plataformas, e que aos partidos lles toca "participar e fortalecer" ese movemento social. Neste contexto, o BNG "tende a man" para "acompañar esa indignación" e transformala "nun cambio político". "Estamos en condicións de poder liderar unha alternativa ao PP" porque o modelo da dereita, "o que se impulsa desde as institucións europeas" provoca un "empobrecimiento" da poboación.

"O PIB de Galicia é superior ao que había antes da crise pero temos salarios máis baixos, menos emprego, hai máis pobreza, segue habendo emigración de xente nova e é evidente que se necesita un cambio de paradigma e que o modelo do PP está esgotado".

Pontón non ve contradición entre a súa oferta a liderar o cambio e que a súa forza sexa a menos representada no Parlamento xa que sostén que a sociedade percibe ao BNG como "unha organización á alza na que confiar". "A percepción que teño, polo que podo palpar na rúa, é que xeramos ao noso redor unha corrente de ilusión" e, por iso, "desde a humildade e a fortaleza de ter un proxecto sólido e unido" está convencida de que teñen "posibilidades de liderar esa alternativa".

DOUS ANOS DE ILUSIÓN

Así se manifestou Ana Pontón, cando se cumpren dous anos á fronte do BNG, un tempo no que "desde o inconformismo" atopa "motivos" para estar "satisfeita co traballo deste novo equipo". "Conseguimos recuperar a ilusión, que se nos vexa como unha forza unida cun proxecto cohesionado, que temos unha alternativa que representa a modernización deste país e a solución aos problemas estruturais que vimos arrastrando". Entre as sombras deste período, sinala que aínda están "a mellorar e ampliando a base organizada dentro do nacionalismo e superando banzos para saír adiante".

Foron, así, vinte e catro meses nos que, apunta, non só se freou a sangría de militantes senón que se rexistra "un incremento moi importante" de afiliados, sobre todo novos e mulleres, algo "moi importante" nun momento no que "o debate sobre os dereitos das mulleres está máis presente que nunca" e de aí a importancia "de que existan en política mulleres con perspectiva feminista, que defendan que a axenda política ten que incorporar o debate sobre a igualdade como un elemento crave". Para mostra, referiuse ao grupo parlamentario, no que as mulleres forman unha "maioría esmagadora".

CAMBIOS EN VIGO E OURENSE, INCÓGNITA EN SANTIAGO

Antes do verán, o BNG fará públicos os candidatos ás alcaldías das cidades galegas "e dalgunha vila". O rexedor de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores mantense como unha "figura sólida" que non cre que vaia a ser cuestionada.

Para Vigo e para Ourense anunciou "apostas importantes", mentres que dá todo o seu apoio ao actual e "magnífico" portavoz en Santiago, Rubén Cela, quen xa expresou as súas dúbidas sobre repetir como cabeza de lista.

A Pontón gustaríalle reducir a "fenda" que existe aínda entre alcaldes e alcaldesas na política municipal, "onde máis está a custar" superar o teito de cristal. Á espera do que elixan os militantes en cada localidade, o "compromiso claro" dos nacionalistas, engadiu, pasa por listas paritarias e cremalleira.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 41 comentarios

11 Braulio de Bouzas

Adianto, exclusiva do BNG: logo de negocialo, a candidata para Vigo vair ser Carmela Silva!!! Considerando que o BNG non ten representación no concello, e para asegurarse a saída, Carmela vai ir na lista do PSOE como independiente polo BNG, seguindo a Caballero. E así o BNG cumpre vos seus votantes e con Caballero. Parabéns pola escolla!!!

10 un do BNG

Paréceme increíble que nós mesmos, os que lemos este periódico, que nos consideramos nacionalistas e galeguistas, perdamos o tempo en desgastar a Ana Pontón. Pódese estar dacordo ou non cos seus postulados, o BNG é uha fronte política nacida para defender os intereses de Galiza. Pode trabucarse (como todo o mundo) pero non perde, nin perderá xamais o seu obxectivo, que non é outro que defender os dereitos da sociedade galega. Non somos mellores nín peores que ninguén, pero temos claro o noso horizonte.

1 sermos mantidos

O teu supera a ideoloxía nacionalista, é Fé, Doctrina e Disciplina militar. Ou será servilismo, borreguismo e papanatismo? A saber! O obxectivo prioritario de Ana Pontón é vivir do conto como política profesional. O secundario, as anécdotas, a súa defensa da galeguidade. Os feitos: no BNG hai corruptos, condenados con sentencia firme, hai regalos de Aquagest, apoios a Gayoso (preferentes, Massó en Cangas), hai presidentes de clubes como Acción & Klasse, altos cargos que pasaron a traballadoras para Dorribo, celebración con 'vino español' para festexar Reganoxo, expedientes que se dedixaron caducar para perpetrar unha ilegalidade (Campa no Courel), descarado apoio ao nacionalismo español (Lores e os touros, La Roja en Monforte, pactos co PsoEspañol) ... Fede e non hai colonia que tape o mal cheiro!

2 Parapalermas

Deus que tropa! Volve o do vinho espanhol, o Klasse e outras p e n d e j a d a s. Oes, sermos mentidos, era Vega Sicilia? Cheiraron ben a tapa? Porque eu sei doutros que llo dan aos porcos e tan panchos....e son dos teus. Pero, alma perdida, ven ao rego, non botes babas....aproveita para lavar esa faciana de PPsoeiro que tanto te afea . O voso e de risa, non aturades ao que triunfa, so porque non e do voso partido..............RIDICULOS

3 a chupaaaaaaaaar

ridiculo es ti papalermas, aqui e noutros intentos igual de ridiculos de tapar o bng. que nivelon tedes os servos da causa, debedes ser doutores pola taberna do meu compadre, e un master en encubridores dos negocios do partido. por certo, os que apoiades co descaro o ppsoe sodes os do bng. xa sei que o sabias, so que o esqueceche por un intre que coicide curiosamente co da hora de chupar.

4 Parapalermas

Pero, meu troll PPsoeiro, semellas alporizado. Eu só digo que non aturades ao que triunfa, porque non é do voso partido....Oes, a chupaar....queres ver o rabo que tapo?...Ao mellor che gusta e todo.

5 beeeeeeeeee

Che, tes rabo? Non acredito! Che, non presumas do que careces. Ben sabemos que ti estas castrado! Os domesticos coma ti, mellor de xoenllos, coas calzas baixadas, e a gozar... Ou que otros disfruten do que ti lles colocas en bandexa! Parabens Che, e que che aproveite ser da servidume mansa do que triunfa (risas).

6 Parapalermas

Grazas Che, pero vou acreditar que si, logo do tapanabo hai i o que Che gusta. E cando queiras ven probar, non tes mais que levantar esa saia de lunares e achegarte. Vas falar ti de servidume e de mansedume, p. mantido de m.!

9 Per

Beira fundiu o Psg,EN,BNG, AGE etc pero subiu a Esquerda Unida e Podemos que agora nono queren esa é a realidade ,,,, e moitos aquí metendose coa Ponton,,, penoso.

8 Braisiño

Dúas observacións: Ana Pontón representa, favorablemente, un aire fresco no BNG. Que vai recuperar moitos votos que foron ás Mareas e volverán. As Mareas-Podemos ían cambialo todo e non cambiaron nada. Só ineficacia e parálise. Decepción absoluta.

1 Lois Rodriguez

De ilusión vivides moitos.

7 Pancho

Ana Ponton, podes estar orgullosa: vas rematar co BNG para gloria do psoEspañolista (dereita pura e dura, 135 e 155, terrorismo de estado, gal, filesa, malesa, eres, de felipe mister x a zp, magdalena alvarez e plan Galicia de mierda, os traidores a republica). O BNG acabou sendo marca branca do psoespañolista. Estades seguros que Ana Ponton non acabara nas listas do psoEspañolista? O bon camiño teno encetado! Esta vendida ao psoEspañol!

1 Ola loquito

Te tomastes la pastillita