Premios ao emprendemento en Monforte de Lemos

A asociación Semente de Monforte deu a coñecer os gañadores da IV edición do concurso de proxectos empresariais. Dúas foron as iniciativas emprendedoras premiadas: un proxecto de produción e comercialización de produtos ecolóxicos e outro relacionado coa apicultura.

Por X.M. Fernández | Monforte de Lemos | 19/03/2018 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

O acto tivo lugar este sábado no Parador de Monforte e transcorreu en dúas sesións, de mañá e de tarde. Pola mañá contou coa presenza do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, que saudou ao xurado e aos finalistas desta convocatoria de proxectos emprendedores ao tempo que se fixo a presentación e valoración das nove iniciativas que chegaron este ano á final do certame.

Finalistas e gañadores. Fonte: Semente de Monforte
Finalistas e gañadores. Fonte: Semente de Monforte

Conde agradeceu á asociación Semente de Monforte esta iniciativa que pretende dinamizar o tecido empresarial e felicitou aos finalistas polo seu traballo, ilusión e valentía destacando o talento, iniciativa e capacidade de innovar e competir.

Na sesión da noite, e no transcurso dunha cea ofrecida aos concursantes finalistas e colaboradores, déronse a coñecer os dous gañadores. O primeiro premio foi para un proxecto afincado en Monforte, Terras de María Castaña, relacionado coa produción de produtos  ecolóxicos autóctonos e recibirá un premio en metálico de 10.000 euros. O segundo correspondeulle a unha iniciativa emprendedora que busca elaborar e comercializar produtos derivados da explotación apícola e está dotado con 6.000 euros. Este proxecto vén de Ourense e deuse a coñecer como “La Florida”.

A asociación Semente de Monforte naceu despois de que no  2014 caese o premio gordo da lotaría de Reis no concello e coa intención de buscar que este golpe de sorte puidese impulsar o emprendemento. Esta convocatoria anual para incentivar a creación de proxectos empresariais foi unha das ideas desta entidade que se manteñen co tempo. Para a mesma conta co apoio de dez empresas, o concello de Monforte, as tres universidades galegas e o Instituto Galego de Promoción Económica.

Interveción do conselleiro Francisco Conde. Fonte: Semente de Monforte
Interveción do conselleiro Francisco Conde. Fonte: Semente de Monforte
Temas: MONFORTE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta