Buscan un corpo após alertar uns surfeiros dun home flotando no mar na zona de Sanxenxo

A corrente arrastraba o corpo mar adentro, sengundo os surfeiros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/03/2018 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

Medios de emerxencias buscan este luns un corpo despois de persoas que practicaban surf alertasen na tarde do domingo dun home flotando no mar na zona de Sanxenxo (Pontevedra).

Praia de Sanxenxo
Praia de Sanxenxo

Fontes de Salvamento Marítimo explicaron a Europa Press que o Centro de Salvamento de Fisterra (A Coruña) coordina o operativo de procura que este luns conta por mar coa embarcación auxiliar do buque 'María Pita' que partiu de Marín (Pontevedra), da 'Salvamar Mirach' e da lancha da Guardia Civil 'Río Guadalupe'.

Así mesmo, no operativo, coordinado por Salvamento Marítimo, participan efectivos de Protección Civil das localidades pontevedresas de Sanxenxo e de Bueu.A zona de busca do dispositivo céntrase na área comprendida entre Sanxenxo, Cangas e Bueu, concretaron as mesmas fontes.

AVISO

Os feitos ocorreron sobre as 19,30 horas do domingo cando un grupo de persoas que practicaban surf na Praia de Canelas comunicaron ao 112 Galicia o achado dun home flotando na auga e aseguraron que o mar o arrastraba cara a dentro.

Por iso, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento do persoal de Salvamento Marítimo e da sala de Gardacostas de Galicia. De igual maneira, alertouse aos servizos sanitarios, Guardia Civil, Policía Local e aos efectivos do GES de Sanxenxo.

Até ben entrada a noite unha embarcación de Salvamento Marítimo e outra da Guardia Civil, así como os medios desprazados por terra, rastrexaron a área onde os deportistas aseguraron ver o corpo do home, concretamente, nunha zona de rocas moi preto do illote Papa Timóns.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta