Os sindicatos de xustiza avisan a Rueda de que "non consentirán" que pague o acordo co diñeiro dos funcionarios

Os sindicatos de xustiza avisaron ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, de que "non consentirán" que "faga caixa" co "propio diñeiro" detraído aos funcionarios pola folga para pagar o acordo co que poñer fin ao paro indefinido que manteñen desde o pasado día 7 de febreiro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/03/2018 | Actualizada ás 13:11

Comparte esta noticia

Os sindicatos de xustiza avisaron ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, de que "non consentirán" que "faga caixa" co "propio diñeiro" detraído aos funcionarios pola folga para pagar o acordo co que poñer fin ao paro indefinido que manteñen desde o pasado día 7 de febreiro.

Foto huelga Justicia reunión lunes 19
Foto huelga Justicia reunión lunes 19 | Fonte: Europa Press

En declaracións aos medios antes de participar na mesa de negociacións coa Xunta, Manuel Díaz (UGT) atendeu aos medios como portavoz do comité de folga. Na súa intervención, instou ao tamén conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza a "dicir máis a verdade" e "contarlle á cidadanía porque o que pode ofrecer hoxe non o ofreceu a día 6 de febreiro".

"Pretende facer caixa co diñeiro dos funcionarios de xustiza. Iso é o que está facendo, facendo caixa para pagar o acordo co propio diñeiro dos funcionarios", denunciou o sindicalista.

Ademais, cualificou de "tomadura de pelo" as ofertas realizadas ata o momento polo Executivo autonómico. "Empezou en 50 euros e agora está en 105, está claro que as seis ofertas sucesivas que fixo son de entre cinco e dez euros", sinalou.

A nova mesa de negociacións entre as organizacións sindicais e a Xunta arrincou sobre as 11,10 horas deste luns e nela participan, por parte da Administración autonómica, o director xeral de Xustiza, Juan José Martín; o director xeral de Función Pública, José María Barreiro, e a secretaria xeral técnica da Vicepresidencia, Beatriz Cuíña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta