Investigan se o suposto parricida de Monterroso (Lugo) cometeu o crime baixo os efectos do alcol

Confirman que o fillo de 4 anos do presunto agresor estaba na vivenda pero non presenciou os feitos

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/03/2018 | Actualizada ás 15:45 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Os investigadores indagan se o home de 51 anos que permanece na Comandancia da Guardia Civil de Lugo detido acusado de matar ao seu pai, de 79 anos, en Monterroso "a fartar e puñadas", ten problemas de alcoholismo e trastorno da personalidade.

O delegado do Goberno en Galicia nun acto en Lugo.
O delegado do Goberno en Galicia nun acto en Lugo. | Fonte: Europa Press

Así o explicaron fontes da investigación, que apuntaron que o presunto parricida supostamente chegou "borracho" a casa na noite do domingo e, após unha discusión co seu pai, matouno a "golpes".

O detido é un home en paro que traballara de garda de seguridade. No momento do suceso atopábase na casa da parroquia de Esporiz, en Monterroso, un fillo do presunto agresor e neto da vítima de catro anos de idade, que "non" se decatou dos feitos.

DISPOSICIÓN XUDICIAL

Pola súa banda, o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, confirmou en Lugo, antes de participar na inauguración dunha empresa, que o presunto autor "previsiblemente" pasará "mañá (martes) a disposición xudicial" no xulgado de Chantada, que instrúe a causa, que se atopa baixo segredo de sumario.

Mentres, o subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, concretou que se trata dunha "familia onde vivía o avó, o pai e o neto que estaba alí" que, matizou, "non presenciou o suceso".

En canto ao motivo do crime, ambos comentaron que a causa se atopa "baixo segredo de sumario", polo que haberá que esperar a que lle tome declaración a Guardia Civil.

Esta familia sufrira hai "pouco tempo" o falecemento da nai e esposa do septuaxenario, o que supostamente agravou os problemas do detido.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta