As temperaturas mínimas seguen en descenso até os -6ºC na Veiga (Ourense)

As temperaturas mínimas seguen en descenso en zonas altas en Galicia e durante a tarde caeron até os -6 graos centígrados no municipio da Veiga (Ourense).

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/03/2018 | Actualizada ás 17:55 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

As temperaturas mínimas seguen en descenso en zonas altas en Galicia e durante a tarde caeron até os -6 graos centígrados no municipio da Veiga (Ourense).

Frío en Galicia
Frío en Galicia | Fonte: Europa Press

Así, segundo datos de Meteogalicia até as 17,15 horas, recollidos por Europa Press, rexistráronse temperaturas mínimas significativas tamén en Carballeda de Valdeorras (Ourense), -5,9ºC; no municipio ourensán de Manzaneda, con -5,3ºC; e nos lucenses de Cervantes, con -4,8ºC e Pedrafita do Cebreiro, con -4,5º.

Mentres, en localidades con altitude menor aos 900 metros, tamén as mínimas rexistraron valores negativos pero sen experimentar variacións significativas desde o mediodía, con -0,8ºC en Folgoso do Courel (Lugo), -0,4º na Fonsagrada (Lugo) e Monfero (A Coruña) e -0,3º en Samos (Lugo).

Este luns as provincias de Lugo e de Ourense están en risco por neve, que poden deixar acumulacións superiores ao cinco centímetros en 24 horas.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta