A DXT mantén a recomendación de circular con precaución após mellorar a situación na rede viaria galega

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) recomenda circular con precaución polas estradas galegas após mellorar a situación na rede principal como na secundaria despois do último temporal de neve deste inverno.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/03/2018 | Actualizada ás 17:45 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) recomenda circular con precaución polas estradas galegas após mellorar a situación na rede principal como na secundaria despois do último temporal de neve deste inverno.

Segundo informaron a Europa Press fontes da DXT, a "rede principal está limpa" e na tarde deste martes xa se levantou a restrición de circular pola autovía A-8 a 80 quilómetros por hora. Durante a mañá mantívose pola presenza de neve, néboa e o vento que sopraba na zona.

Tamén a DXT concretou que na estrada LU-633 na zona do Cebreiro, onde pola mañá eran obrigatorias as cadeas, poden circular os turismos e camións "sen problema" pola neve, pero insiste en recomendar o tránsito "con precaución".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta