Pilar de Lara apunta agora contra a alcaldesa de Lugo

Lara Méndez foi citada a declarar este mércores por un suposto delito de malversación polo atraso no cese dunha letrada municipal. Desde o concello din que chama a atención sobre "que se cuestione un prazo de dous meses para executar unha sentenza, tendo en conta que os procesos xudiciais están a alongarse durante anos e anos".

Por Galicia Confidencial | Lugo | 20/03/2018 | Actualizada ás 17:44

Comparte esta noticia

A titular do xulgado número 1 de Lugo, Pilar de Lara, citou a declarar á alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, este mércores, a partir das 11,00 horas, como investigada por un suposto delito de malversación.Tamén foron citados o exalcalde Xosé López Orozco e a propia traballadora municipal.

Pilar de Lara, instructora do caso Pokemon
Pilar de Lara, instructora do caso Pokemon

A orixe da investigación está nunha querela presentada polo sindicato CSI-CSIF en relación co suposto atraso dunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que anulaba a comisión de servizo dunha funcionaria municipal para o posto de letrada asesora do Concello.

O prazo de execución da sentenza do TSXG, que anulaba esa comisión de servizo, concluía no mes de maio de 2016. Desde o Consistorio aclararon que a traballadora foi cesada no mes de xullo, dous meses despois.

Fontes municipais consideran que o Concello de Lugo "executou" a sentenza nun "tempo máis que razoable", considerando "a dificultade para a cobertura dun posto que leva aparellado a representación e defensa da administración local e a necesidade de alterar o menos posible o normal funcionamento da mesma".

CITADA EN OUTUBRO DE 2017

Foi o 20 de outubro do pasado ano, 2017, cando Pilar de Lara comunicou a citación para declarar como investigada á rexedora da cidade amurallada.O Consistorio insiste en que se trata de "unha cuestión meramente administrativa, como é a execución dunha sentenza en materia de persoal que leva consigo o cambio de posto dunha funcionaria".

Ademais, chaman a atención sobre "que se cuestione un prazo de dous meses para executar unha sentenza, tendo en conta que os procesos xudiciais están a alongarse durante anos e anos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta