Temas: AUGA

Galicia pasa da seca a reservas de auga que superan a media da década

Os encoros galegos aumentaron as súas reservas até o 83,8%.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/03/2018 | Actualizada ás 17:48

Comparte esta noticia

Os encoros galegos aumentaron as súas reservas até o 83,8% da súa capacidade logo das choivas da última semana, seis puntos máis que a semana pasada, de forma que xa superan a cifra media da última década.

Encoro de Chandrexa de Queixa (Ourense)
Encoro de Chandrexa de Queixa (Ourense) | Fonte: Europa Press

De feito, as precipitacións, que afectaron a toda a Península Ibérica, deixaron a máxima en Pontevedra, cun total de 88,8 litros por metro cadrado.

Segundo os datos publicados este martes polo Ministerio de Medio Ambiente, os encoros de Miño-Sil incrementaron até o 78,2% (desde o 70,4% da semana pasada) a auga recollida.

Na actualidade, contan con 2.370 hectómetros cúbicos de auga, por enriba dos 1.934 do ano pasado a estas alturas e tamén máis que os 2.229 de media da última década.

En Galicia Costa, a auga embalsada xa supón o 89,3%, o que se traduce nun aumento de máis de catro puntos respecto de sete días atrás.

Así, en Galicia Costa hai 611 hectómetros cúbicos, máis que os 470 do ano anterior e por enriba da media da última década, situada en 502 hectómetros.

Temas: AUGA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta