Temas: LIDIA SENRA ONU

Lida Senra participará na Comisión Xurídica das Mulleres en Nova Iorque

A Comisión da Condición Social e Xurídica das Mulleres (CSW) é un organismo da ONU. As mulleres e nenas das zonas rurais, tema principal na axenda. No Parlamento Europe Senra é a responsábel da transversalización da perspectiva de xénero na Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural

Por Galicia Confidencial | Santiago | 20/03/2018 | Actualizada ás 17:49

Comparte esta noticia

A 62ª  Sesión da CSW celebrarase durante toda esta semana na cidade norteamericana de Nova Iorque.  O tema centra para este ano serán as mulleres e nenas que habitan nas zonas rurais Lidia Senra foi correlatora o ano pasado dunha  resolución do Parlamento Europeo que abordou de xeito específico o papel das mulleres en áreas agrarias.

Encontro Lidia Senra coa Marcha das Mulleres en EE UU
Encontro Lidia Senra coa Marcha das Mulleres en EE UU

Sobre a súa participación na delegación do Parlamento Europeo, Senra avanzou a relevancia de situar neste foro tres das cuestións fundamentais para as mulleres que habitan nas zonas rurais: “Protección fronte ás corporacións transnacionais que queren ocupar as nosas terras, e que moitas veces empregan para iso a violencia.  Protección fronte á agricultura industrial que destrúe os nosos postos de traballo e contamina os ecosistemas, incluídas as nosas vidas; e recoñecemento legal dos nosos dereitos como labregas, destacando a titularidade compartida e as pensións dignas de xubilación.”

“Considero que é importantísimo poder colocar nestes foros a situación das mulleres e nenas no mundo rural. Isto nos axuda a avanzar na proposta de alternativas para que haxa un verdadeiro recoñecemento dos dereitos das mulleres e das nenas no medio rural.”

A eurodeputada asistirá a unha reunión na que se abordarán estratexias para transversalizar a perspectiva de xénero aos plans de acción humanitaria. A continuación parcticipará no evento “Mulleres Rurais como Axentes de Cambio”, organizado polo Parlamento Europeo. Na quenda de tarde a delegación parlamentaria europea entrevistarase coa embaixadora irlandesa Byrne Nason, Presidenta da Mesa Directiva da CSW; seguidamente con Yannick Glemarec, director executivo adxunto de ONU Mulleres e a continuación intercambiará puntos de vista con parlamentarias cubanas.

Temas: LIDIA SENRA ONU
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Visite Nova Iorque

Alucinante xuntanza de charos, qué foto. A tal Senra pensa facer algo por Galicia ou só lle interesan as nenas das aldeas cubanas e trapalladas polo estilo?

2 chiripadas chiripiflauticas

como a revolución que anucio a marea de podreiros, e o asalto os ceos non van vir esta primaveira precisamente, toda a función anunciada vai ser sustituida por ong e diversas trapalladas de baixa estofa e paseos caros polo estranxeiro, neste caso polo cubo de lixo de nova iorque onde manda o oragutan asilvestrado presidente Trampas, o mellor a ladi chiripas de podreiros fala das leitugas con gili-fostafos, sabe moito do tema... ando buscando si sae algo do -VIEIRAS pero non atopo nada, vai uns días decía cousas tremebundas de castas en mareas alcaldes seica)- ) -) -) -) por sorte eu xa estou en outra onda - https://www.youtube.com/watch?v=_m0...

1 Provacinas

Que lles esplique o despedimento por estar casada ou en situacion analoga ao matrimonio cun que non me cae ben. Van tratar cousas da muller como no congreso ultimo de santos e antivacinas