Automoción, agroalimentario e bio e aeronáutica son os sectores galegos con máis tecnoloxías 4.0

Un estudo detecta barreiras como o financiamento e o descoñecemento, ante o que reclama axudas e formación á administración

Santiago de Compostela | 20/03/2018 | Actualizada ás 18:20 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Os sectores da automoción, o agroalimentario e o bio, así como o aeronáutico son os que rexistran un nivel máis elevado de implantación das tecnoloxías 4.0 no tecido empresarial galego.

Conde, na xornada de industria 4.0
Conde, na xornada de industria 4.0 | Fonte: Europa Press

Así o recolle o estudo 'Oportunidades industria 4.0 en Galicia', cuxas conclusións foron presentadas este martes na Cidade da Cultura de Santiago.

Determina tamén o informe que o actual é un "momento clave" para "moitas empresas" que empezaron a implantar estas tecnoloxías pero non as teñen totalmente aplicadas ao seu modelo de negocio, segundo informa a Xunta a través dun comunicado conxunto emitido con membretes do Igape, a Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia, Aimen, Anfaco-Cecopesca, CTAG, EnergyLab, Gradiant e o Instituto Tecnolóxico de Galicia.

De feito, o 37,3% das compañías consultadas están na fase 2 de implantación e entre as tecnoloxías implantadas as que máis destacan son as de 'safety & security' e a automotización e robótica avanzada e colaborativa. A tecnoloxía 'big data' concentra a maior previsión de implantación neste tres sectores.

Como principais barreiras, as firmas do estudo sinalaron o financiamento e a incerteza sobre o retorno do investimento, ante o que solicitan axudas á administración para investimentos en infraestruturas e soluciones TIC.

Tamén para facer fronte ao descoñecemento das tecnoloxías, demandan formación cualificada en TIC e industria 4.0, xunto a máis servizos de diagnóstico e consultoría na materia.

CONSELLEIRO

Pola súa banda, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asegurou que as oportunidades que ofrece a industria 4.0 "poden ser maiores canto máis unidos traballen osector e a Administración".

"Debemos preguntarnos como Galicia pode responder os retos da industria 4.0 e só vemos unha vía posible que ten dous alicerces: que a Administración non poña trabas e que esteamos todos xuntos", destacou, segundo informa a consellería a través dunha nota de prensa.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta