O PP empraza a Paula Quinteiro a "non humillar" ao Parlamento galego e pregunta a En Marea "que pensa facer"

O deputado do PPdeG Miguel Tellado emprazou a Paula Quinteiro (En Marea) a que "tente non humillar a este Parlamento", despois de esgrimir o popular na Cámara a implicación da deputada nunha disputa coa Policía Local de Santiago na madrugada do sábado ao domingo da pasada fin de semana, cando os axentes realizaban un control após unha denuncia por vandalismo.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/03/2018 | Actualizada ás 20:35 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O deputado do PPdeG Miguel Tellado emprazou a Paula Quinteiro (En Marea) a que "tente non humillar a este Parlamento", despois de esgrimir o popular na Cámara a implicación da deputada nunha disputa coa Policía Local de Santiago na madrugada do sábado ao domingo da pasada fin de semana, cando os axentes realizaban un control após unha denuncia por vandalismo.

No pleno do Parlamento galego desta tarde, Tellado valeuse dunhas palabras previas do deputado de En Marea Manuel Lago nas que pediu ao PPdeG retirar unha iniciativa para "non humillar" á Cámara galega para cargar contra a deputada Paula Quinteiro.

Posteriormente, noutra iniciativa, o popular Jaime Castiñeira tamén iniciou a súa intervención coa lectura dun titular sobre esta cuestión para preguntar: "Ante esto, señores de En Marea, que pensan facer".

Segundo recolle o informe policial, ao que tivo acceso Europa Press e cuxas dilixencias foron trasladas á Policía Nacional, Quinteiro formaba parte dun grupo de mozos que esa noite (1,20 horas da madrugada) foi interceptado polos axentes despois de que un veciño denunciase a rotura de varios espellos retrovisores dos coches estacionados nunha rúa próxima. Cando os axentes tentaron identificar a unha das persoas que ía no grupo sucedeu a disputa.

"A miña única intención foi tratar de mediar e de que o problema pasase; en ningún momento obstaculizar. Díxenlle (ao mozo) que se identificase", afirmou Quinteiro sobre esta cuestión a Europa Press.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Podemos fora da marea XA

E a Marea por que ten que defendela? A tipa é do podreiros e xa dixeron que eles van por librem que non som da marea, que todo era un paripé. Pois que Poemos apande con ela.