Investigado un menor de Nigrán por acceder ilegalmente á conta de correo dunha compañeira de colexio

A Garda Civil investiga a un mozo de 17 anos de idade, veciño de Nigrán (Pontevedra), como suposto autor dun delito de descubrimento e revelación de segredos, despois de acceder ilegalmente á conta de correo electrónico dunha compañeira de colexio.

VIGO | 21/03/2018 | Actualizada ás 15:10 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Garda Civil investiga a un mozo de 17 anos de idade, veciño de Nigrán (Pontevedra), como suposto autor dun delito de descubrimento e revelación de segredos, despois de acceder ilegalmente á conta de correo electrónico dunha compañeira de colexio.

A investigación iniciouse despois da denuncia dos pais da moza, que se decataron de que alguén cambiara as fotografías que a moza tiña no seu perfil de correo, e puxera imaxes de carácter pornográfico, con comentarios obscenos e inxuriosos.

As pescudas, que contaron coa colaboración da dirección do centro escolar, serviron para identificar a un mozo que, supostamente, na aula de informática, cando ía utilizar o computador, atopouse coa conta de correo aberta dunha compañeira e realizou eses cambios sen autorización da titular.

O mozo foi citado e notificado en presenza dos seus pais, e comunicóuselle que está investigado polo suposto delito de descubrimento e revelación de segredos. As dilixencias practicadas foron postas a disposición da Fiscalía de Menores de Pontevedra.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta