Temas: POLICíA PP

Cando foron os cargos do PP os que agrediron á Policía... e non pasou nada

O actual secretario xeral do PP de Ferrol, o delegado da Xunta en Pontevedra e outros cargos populares estiveron envoltos en polémicas con policías locais. A pesar de que algún deles foron condenados pola xustiza, seguiron no seu cargo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/03/2018 | Actualizada ás 22:39

Comparte esta noticia

O actual secretario xeral do PP de Ferrol, Guillermo Evia, ameazou a dous policías con quitarlle ás súas placas por denunciar un vehículo. O actual delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, abriulle un expediente a un policía que denunciou a agresión dun concelleiro. Posteriormente, un xuíz daríalle a razón o axente. Son algúns casos de agresións ou ameazas de cargos do PP á policías que no seu día non foron denunciadas polos sindicatos policiais, aínda que si por outras centrais, como o CSIF.

Un policía local en Poio dirixe o tráfico
Un policía local en Poio dirixe o tráfico

Os populares non pediron entón a dimisión destes concelleiros, nin os apartaron do cargo. Algúns deles mesmo foron premiados. Unha situación que contrasta coa petición de dimisións que deputados deste partido fixeron este mércores con Paula Quinteiro, deputada de Podemos, quen se viu implicada e foi identificada, segundo o atestado policial, nun desafortunado altercado entre un grupo de mozos e axentes da policía no marco dun control nocturno por vandalismo. 

“E DESTA PERDEDES A PLACA E O UNIFORME” 

Tampouco estes casos, a pesar de que neles estiveron implicados importantes dirixentes do PP, foron destacados polos grandes medios de comunicación galegos que reciben subvencións millonarias da Xunta de Feijóo. Así, nos últimos anos varios edis populares estiveron implicados en incidentes coas forzas da orde. Un dos máis sonados foi hai cinco anos, cando o concelleiro de Urbanismo, Medio Ambiente e Seguridade de Ferrol, entón gobernada polo actual conselleiro de Asuntos Sociais, José Manuel Rey Varela, ameazou a dous policías con quitarlles as súas placas de axente cando estes querían levar un coche ao depósitdo municipal. 

"Baixade ese coche do guindastre inmediatamente, deixarvos de parvadas, e poñedevos a denunciar a carga e descarga", díxolles o edil segundo consta nunha denuncia que fixo entón a Central Sindical Independente e de Funcionarios -CSIF-.  Os axentes pedíronlle ao edil que non interferise no seu labor e continuaron co que estaban facendo. Pero o concelleiro dirixiuse supostamente a eles nestes termos: "Díxenvos que baixedes ese coche e que deixedes de facer bobadas xa. Como non me fagades caso ídesvos a decatar, ímonos a ver as caras... e desta perdedes a placa e o uniforme". 

Feijóo pasa revista na Academia da Policía Autonómica da Estrada
Feijóo pasa revista na Academia da Policía Autonómica da Estrada | Fonte: Xunta

As ameazas repetíronse no mesmo ton. A central CSIF solicitoulle ao alcalde o cesamento do entón concelleiro, Guillermo Evia. Un cese que non chegou ata o 2017 e por motivos persoais, xa cando estaba na oposición. Con todo, Evia segue sendo o secretario xeral do PP en Ferrol. 

DENUNCIADO DÚAS VECES

Outro sonado caso de ameazas de cargos do PP á policías tivo lugar en 2001. Foi durante o goberno de José Manuel Cores Tourís en Cambados. Segundo a versión dunpolicia local, o edil de Obras entón, José Antonio Domínguez, parou o seu vehículo nun paso de peóns no que el estaba a regular o tráfico e insultouno por non levar posta a gorra. 

Posteriormente, esempre segundo o policía, o concelleiro aparcou o seu coche e comezou a insultalo a berros desde a beirarrúa. Cando se achegou, empuxouno e propinoulle unha labazada, asegurou o garda municipal. Domínguez negouse no seu día a responder ao axente, pero Cores Tourís asegurou que confiaba plenamente na versión do seu concelleiro, que negou rotundamente agredir ao policía.

De feito, Cores Tourís, premiado en 2009 por Feijóo como delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra,  lonxe de sancionar ao seu concelleiro decidiu abrirlle un expediente e suspender temporalmente das súas funcións ao axente da Policía Local. Tivo que ser un xuíz o que meses despois lle dera a razón ao policía local ao condenar ao concelleiro cunha multa de 480 euros por estes feitos. O mesmo edil tamén sería denunciado por agresión por un taxista.  A pesar destas denuncias seguiu no seu cargo.

DENUNCIAS Á GARDA CIVIL

Outro caso destacado foi o do PP de Brión que acusou á Garda Civil de mentir e ameazounos con levalos aos tribunais despois de que axentes detes corpo redactaran un parte desmontando as supostas denuncias de persecución política dos concelleiros do PP. 

O escrito da Garda Civil descartaba que as desfeitas no coche do concelleiro Julio Couselo -rebentado nunha noite de festa- fosen resultado dunha persecución política. Tamén aseguraba que o prexudicado sabía dabondo e que o ataque respondía a unha cuestión particular.

Temas: POLICíA PP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

7 Rabuñán

Non fai falta ir os manuais de historia para lembrar como un concelleiro do PP en Santiago, na anterior lexislatura municipal, ameazou; acosou e fixo presión para que o xefe da policía local de Santiago renunciara a ese cargo. Que dixo naquel momento o relambido de Feijóo? Creo que algo así como: "que si quieres arroz, Catalina!" En fin, memoria a curto prazo!

6 Panocho

Este artigo xornalístico está ben, pero incompleto, ou cando menos no caso do que foi edil de Urbanismo en Ferrol, Guillermo Evia. Por este asunto celebrouse un xuízo no Xulgado de Ferrol, onde segundo a sentenza, Guillermo Evia quedou absolto e mesmo na propia conclusión do maxistrado dábaselle a opción de emprender accións xudiciais contra os axentes por falso testemuño, ao que o integrante do Partido Popular renunciou. É dicir, Evia foi xulgado e absolto e entre as testemuñas que acudiron a dar veracidade do sucedido e defender a Guillemo Evia, algún militante doutro partido político que non é o PP. Agradecería, por tanto, en aras dunha información completa e non sesgada, que achegue todos os datos, sobre todo nun caso cunha sentenza xudicial firme. Moitas grazas

1 Puntualizando

Vale, iso quere dicir, SEGUNDO TI MESMO DIS, que os AXENTES tamén poden MENTIR no caso de Paula Quinteiro.

5 Puntualizando

A foto nom é da polícia autonómica como a que tenhem cataláns, bascos e navarros, corpo contemplado no estatuto galego e nunca desenvolvido. O que hai no seu lugar na Galiza é um grupo da polícia espanhola adscrito e pagado pola Xunta.

4 Celidonio

Agardo que GC publique que o petrucio Beiras, un resabido, lle aconsellou á Paula que dimita. Villares tampouco a quixo defender xa en público. O futuro na elite política da Paula está acabado. Lembro que hai unha deputada en Madrid da Marea de Podemos, chamada Ángela Rodríguez, alias Pam, que lle champú "puta coja" a unha compañeira, muller e discapacitada, e que segue na cúpula, aparece en actos públicos 'defendendo' a causa feminina e da igualdade (seica é unha especialista), e ninguén lle esixiu a dimisión. A estas alturas, pola semana que estamos, a comparación máis apropiada sería con caso Cifuentes, e como os medios e a mafia defenden e tapan a corrupción.

3 Braisiño

Estimada Paula: se por un casual quixeras delinquir, deberías deixar de enfrentarte á poli por defender a uns vándalos. Mellor que te adiques a roubar diñeiro público a mans cheas e levalo a paraísos fiscais. Non che pasará nada e todos os galegos estarán contentísimos e volverán votarte. É un consello dunha organización que se adica a delinquir e que nos goberna. Fai caso, Paula.