Os termómetros caen até os -8,8ºC en Manzaneda e -8ºC en Calvos de Randín (Ourense)

A localidade da montaña ourensá de Manzaneda rexistrou na madrugada deste xoves a temperatura mínima de Galicia, con -8,8 graos centígrados, seguida de Calvos de Randín (Ourense), con -8ºC.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/03/2018 | Actualizada ás 09:35 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A localidade da montaña ourensá de Manzaneda rexistrou na madrugada deste xoves a temperatura mínima de Galicia, con -8,8 graos centígrados, seguida de Calvos de Randín (Ourense), con -8ºC.

Frío en Galicia
Frío en Galicia | Fonte: Europa Press

Segundo os rexistros de Meteogalicia até as 9,00 horas, recollidos por Europa Press, numerosas localidades da provincia de Ourense rexistraron valores térmicos negativos significativos, así como algunhas de Lugo.

En municipios con altitude maior de 900 metros, como Manzaneda, os termómetros baixaron até os -7,5º en Carballeda de Valdeorras; aos -5,3º na Veiga; aos -5,2º en Vilariño de Conso; e aos -4,7º na Mezquita, todos eles na provincia de Ourense.

Mentres, en localidades con altitude menor de 900 metros como Calvos de Randín, alcanzáronse na mañá deste xoves os -6ºC en Baltar e os -5,1 en Verín, na provincia de Ourense; e os -5º en Sarria e -4,5º en Castro de Rei, na de Lugo.

As temperaturas aumentarán este xoves no leste e norte peninsular pero o temporal de frío seguirá afectando a unha decena de provincias, onde se decretou o aviso por risco, entre elas a de Lugo.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta