Condenado a 5 anos de prisión por un delito continuado de abuso sexual a menor por tocamentos á súa neta

A Sección Primeira da Audiencia Provincial da Coruña condenou a cinco anos e un mes de prisión por un delito continuado de abuso sexual a menor de 13 anos a un home de 68 anos acusado de facer tocamentos á súa neta.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/03/2018 | Actualizada ás 12:00 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Sección Primeira da Audiencia Provincial da Coruña condenou a cinco anos e un mes de prisión por un delito continuado de abuso sexual a menor de 13 anos a un home de 68 anos acusado de facer tocamentos á súa neta.

Ademais da pena de cárcere, o tribunal imponlle a prohibición de achegarse a menos de 200 metros ou comunicarse coa vítima por un período de dez anos e unha indemnización de 9.000 euros para a nai da menor e representante legal.

Após saír de prisión, así mesmo, estará sometido durante outros 10 anos a unha medida de liberdade vixiada e terá que someterse a un programa específico de educación sexual.

Segundo a sentenza, recollida por Europa Press, no relato de feitos probados desta causa, procedente dun xulgado de Ordes (A Coruña), "en tres ocasiones comprendidas entre os meses de maio e decembro de 2014 e con ánimo lúbrico levou a cabo tocamentos á menor consistentes en introducir a man por dentro da súa roupa e manosearlle a zona vaxinal, o que executou no seu galpón, ou a quesera ou outro lugar da leira" da vivenda na que estaba cos seus netos.

O 26 de decembro do ano 2014 foi presentada denuncia ante a Guardia Civil de Betanzos (A Coruña) dado que o día anterior a súa filla contara o sucedido.

"DOLO DO DELITO"

A Audiencia concreta que "os tocamentos sobre quen tiña a súa liberdade diminuída por unha situación de patente inferioridade xeradapor ser neta do autor -feitos do que é consciente este e do que se prevale-, son actos que, de seu, revelan o dolo do delito e a agresión ao ben xurídico protexido".

Esta resolución xudicial, segundo se precisa no fallo, "non é firme" e contra a mesma cabe interpor recurso de casación no prazo de cinco días.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta