Feijóo evita condenar os casos de vexación de cargos do PP a policías porque “os descoñece”

Asegura que as declaracións da deputada de Podemos Paula Quinteiro a policías locais foron “impropias dun cargo público” e son máis do “século pasado”, pero evita pedir a súa dimisión porque “hai que darlle tempo a que tomen as súas propias decisións”.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 22/03/2018 | Actualizada ás 15:33

Comparte esta noticia

“Díxenvos que baixedes dese coche e que deixedes de facer parvadas xa. Como non me fagades caso ídesvos a decatar, ímonos a ver as caras... e desta perdedes a placa e o uniforme". Isto foi o que lle dixo o ex edil concelleiro de Ferrol e hoxe secretario xeral do PPdeG nesta cidade, Guillermo Evia, a dous policías hai cinco anos tal e como recolleu unha denuncia do sindicato CSIF que acusou a este concelleiro de ameazar aos axentes por tentar multar un veículo.

El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en el pleno.
El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en el pleno.

“Nin coñezo as declaracións, vexo que vostede as sabe de memoria, e non me vou pronunciar sobre feitos dos que non teño coñecemento nin directo, nin inderecto”. Foi que respondeu o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao ser preguntado por GC sobre este caso, e tamén pola decisión do hoxe delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, cando era alcalde de Cambados e abriulle un expediente a un policía que denunciou vexacións por parte do concelleiro de Obras. O edil sería logo condenado con 500 euros por un xulgado. 

Previamente Feijóo criticara duramente á deputada de Podemos, Paula Quinteiro, por dirixirse a uns policías locais de Santiago a pasada fin de semana dicindo “ti non sabes con quen estás falando”.”Iso era do século pasado. É impropio de calquera cargo público e menos de quen di representar aos e ás galegas. Ás institucións se vai a servir e servir é sinónimo de humildade e a humildade é absolutamente incompatible coa prepotencia. E a prepotencia coa que se tratou á policía Local e á policía Nacional é impropia de calquera membro da Cámara de calquera sistema democrático”, suliñaba o presidente ao ser preguntado pola deputada de En Marea.

“Entón tamén considera que esas declaracións que fixeron cargos do PP son impropias e do século pasado?”, preguntoulle despois este medio. “Non podo engadir nada máis do que xa dixen porque non coñezo os casos”, insistiu Feijóo. “O que si digo é que é que xa lle dixen a súa compañeira e que é aplicable a calquera caso similar”, engadiu.

SOBRE DIMISIÓNS

Antes, o presidente da Xunta despacharase a gusto coa parlamentaria de En Marea, aínda que, a diferencia doutros dirixentes do seu partido, non quixo pedir a súa dimisión. “Todo o mundo ten dereito a pensar o que vai a facer. E deixeme saber a súa resposta. Pero o que é evidente é que nin sequera vin desculpas, só botar balóns fóra”, apuntaba cando era preguntado ao respecto. En todo caso, insistiu en que esa actitude “é impropia de calquera persoa, e menos dunha que representa ás demais, dun membro da Cámara galega”.

O delegado da Xunta en Pontevedra Cores Tourís, ex-alcalde de Cambados
O delegado da Xunta en Pontevedra Cores Tourís, ex-alcalde de Cambados

Que se vai facer a partir de aí?. Hai que darlle tempo a que tomen as súas propias decisións. Onte pregunteille ao seu portavoz e non tiven reposta. Está no seu dereito porque o importante non son as respostas, senón as decisións e non sabemos que decisións van tomar e hai que ser respetuosos porque están en periodo de maduración desa decisión e veremos o que deciden finalmente”, concluíu.

BEIRAS

Pola súa banda, o histórico dirixente Xosé Manuel Beiras manifestou, nunha entrevista na Radio Galega, que a deputada de Podemos debería dimitir, mentres, a tamén deputada Eva Solla saíu na defensa de Quinteiro. A Coordinadora de En Marea, que lidera Luís Villares, convocou para este venres unha reunión do Consello das Mareas para votar unha petición de dimisión da parlamentaria.

A deputada Paula Quinteiro de En Marea
A deputada Paula Quinteiro de En Marea
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 André

O Feijó esqueceu o seu "sabe com quem está a falar?" quando o multou a polícia portuguesa em Póvoa de Varzim.

3 papaqueixo

Para xustificar o da deputada borroka hai que rebuscar casos de concelleiros de pueblo de hai 15 anos. Mal sinal

1 xancinho

Le ben pepeiro. Cinco aniños no caso de Ferrol. Se vos proe que lle imos facer. Cada un ten que apandar co seu. O que non vale é que La Coz e todos os medios canciños da Xunta calen ante estes casos que son de manual e mesmo que chegaron a xulgados e abran titulares día si e día non cos mareados. Os podemitas que aguanten o seu, pero vós tamén tedes que aguantar o voso e non podedes vir a chorar porque haxa algún medio que non está preso con cadeas de subvencións como o resto.

2 le ben

xancinho. o que non sabe ler es ti. Mira máis abaixo canchiflo.

2 Panocho

Este artigo xornalístico está ben, pero incompleto, ou cando menos no caso do que foi edil de Urbanismo en Ferrol, Guillermo Evia. Por este asunto celebrouse un xuízo no Xulgado de Ferrol, onde segundo a sentenza, Guillermo Evia quedou absolto e mesmo na propia conclusión do maxistrado dábaselle a opción de emprender accións xudiciais contra os axentes por falso testemuño, ao que o integrante do Partido Popular renunciou. É dicir, Evia foi xulgado e absolto e entre as testemuñas que acudiron a dar veracidade do sucedido e defender a Guillemo Evia, algún militante doutro partido político que non é o PP. Agradecería, por tanto, en aras dunha información completa e non sesgada, que achegue todos os datos, sobre todo nun caso cunha sentenza xudicial firme. Moitas grazas

1 botellon de pepito marea

gamberros e amigos do narcotraficantes, o mareado e o pepeiro, andan agora a intercabiarse os cromos das fechorías que teñen feito, menudos lideres o frijolito di que inocente coma un neno do peito, pero e logo que facia no iate do narqueo, e a outra deputada a "mamerta" das mareas en medio de gamberrismo do botellón nocturno que promove o alcade de SantiAGE de componendas... O QUE TROUXO A MAREA, O QUE TROUXO, eu xa teño medo do que esta pasando do que esta sucendo, policías atacados e políticas que van petarlle o bull a local os papa limas, SI A MAREA CONTINUA AS CONSECUENCIAS SERAN DRAMATICAS, pero que esta pasando en santiAGE o do pepeiro tirando "merda" polo río abaixo e os da mareada do podreiros tirando outra "merda" pero polas ruas - a marea esta moi subida e eu xa teño medo que te cagas... , por favor miren si comunista dependentista foi detido o si ten fianza de mil euros - https://www.youtube.com/watch?v=Vep...