A Xunta disposta a recibir aos sindicatos só para "seguir falando da proposta que hai sobre a mesa"

Sindicatos critican que a Xunta "da entender" que o mandato dos funcionarios é "aceptar a súa proposta". "Que non se confunda", avisan

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/03/2018 | Actualizada ás 20:55 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia asegurou que está disposta a recibir aos sindicatos de xustiza o vindeiro luns, día 26 de marzo, pero deixou claro que será só para "seguir falando da proposta que hai encima da mesa".

"Se a condición para unha nova reunión é que a Xunta presente unha nova oferta, esa reunión non ten sentido", avisa o Executivo autonómico, que insiste en que "non hai novas ofertas, tal e como se informou na súa última reunión".

Despois de que este xoves o comité de folga, no que están integrados SPJ-USO, Alternativas na Xustiza-CUT, UXT, STAJ, CSIF, CIG e CC.OO., acordarse pedir unha nova mesa de negociación para o luns --ás 11,00 horas, en San Caetano--, o Goberno galego subliñou que a súa oferta "xa é coñecida".

Deste xeito, fontes da Vicepresidencia da Xunta explicaron a Europa Press que a súa disposición "quedou clara" no seu obxectivo de pechar a folga indefinida na xustiza galega que este xoves cumpre o seu 44 día consecutivo --empezou o 7 de febreiro--.

"Houbo 15 reunións cos sindicatos, oito propostas de subida salarial, o cumprimento do acordo parlamentario, a aplicación das subidas xa no ano 2018 e a elaboración das táboas comparativas baixo os criterios dos propios sindicatos", sinalou.

CUESTIÓN ECONÓMICA

A Xunta insiste en que a súa oferta, unida á alza anunciada polo Goberno central (que tamén debe pagar Galicia) supón un incremento salarial do 14% e "garante que os traballadores da xustiza queden sempre por encima da media estatal".

"Son entre 3.500 e 4.000 euros máis ao ano. Deben reflexionar sobre esa oferta, que blinda os seus intereses", subliña a vicepresidencia, que apunta que os sindicatos tamén "deben pensar sobre o resultado das votacións".

"Os traballadores deixaron patente que a postura negociadora levada até agora non era a correcta e que as peticións que facía o comité de folga estaban fóra da realidade e eran inasumibles mesmo para os mesmos beneficiarios", indicaron estas fontes.

REACCIÓN DE COMITÉ DE FOLGA

Pola súa banda, o comité de folga criticou que a Xunta tente "dar a entender" que o mandato dos funcionarios é "aceptar a súa proposta". "Que non se confundan", explicaron a Europa Press fontes deste órgano integrado por SPJ-USO, Alternativas na Xustiza-CUT, UXT, STAJ, CSIF, CIG e CC.OO.

Fronte a iso, destacou que o que acordaron os traballadores da xustiza na súa votación é "darlle poder" ao comité de folga para que negocie "o mellor posible" por baixo da esixencia anterior de 190 euros.

"Nós imos ir á reunión e a Xunta que nos traia unha proposta e, se non quere negociar, que sente e dígao e non que utilice os medios de comunicación para facer política", sinalaron.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta