O Concello de Fene debe retomar o pleno da moción de censura presentada por PP e Somos Fene

A sesión foi convocada para as 12,00 horas do 6 de abril despois de clarificarse a situación dos edís de Somos Fene

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/03/2018 | Actualizada ás 15:35

Comparte esta noticia

O Xulgado Contencioso Administrativo número 1 de Ferrol obriga ao Concello de Fene a retomar, no prazo de dez días hábiles, o pleno extraordinario no que estaba previsto debater unha moción de censura promovida polo PP e Somos Fene.

Pleno  Concello de Fene (A Coruña).
Pleno Concello de Fene (A Coruña).

Así o decreta nunha sentenza e dous autos, nos que decide sobre esta sesión que non chegou a celebrarse despois de que a presidenta da mesa de idade decidise suspender a sesión ao alegar que non estaba lexitimado que os dous edís de Somos Fene, Xosé Manuel Bastida e César Castro, fosen os representantes legais deste grupo.

O alcalde de Fene, Juventino Trigo (BNG) confirmou que, "tanto a sentenza que obriga a convocar o pleno extraordinario no prazo de dez días hábiles" como o auto que di que os "concelleiros" son os representantes de Somos Fene, tivo entrada no rexistro do Concello este xoves polo que procedeu a convocar a sesión para o 6 de abril ás 12,00 horas.

MOCIÓN ERRADA

Foi o 26 de outubro de 2017 cando a mesa de idade do Concello de Fene decidiu non debater a moción de censura ao alegar que "a suspensión das condicións de edís non adscritos dos concelleiros de Somos Fene baseábase nunha medida cautelar" e que aínda non fora revogada por sentenza firme e definitiva, como agora si ocorre.

De prosperar esta moción, será Gumersindo Gallego (PP) o que pase a ocupar a Alcaldía do municipio situado na ría de Ferrol, como recollía a petición de moción de censura avalada polo sete edís do Partido Popular e os outros dous de Somos Fene, sumando nove do dezasete edís que compoñen o pleno.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Eu mesmo

Somos Fene, non é unha ponla das mareas?. Ao (ir)responsable de selección de candidatos deben abrirlle expedente de inutilidade.

1 TOULINHA

Pois si!!