As diferenzas dentro de En Marea tensan a solución do caso Quinteiro

A deputada, da corrente anticapitalista de Podemos, comparece no Consello das Mareas para explicar a súa postura tras os incidentes con policías locais de Santiago. Os críticos de Villares aproveitan para cargar contra o seu voceiro parlamentario por non apoiala publicamente.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/03/2018 | Actualizada ás 20:06

Comparte esta noticia

A deputada de En Marea Paula Quinteiro, implicada nunha disputa coa Policía Local na madrugada do sábado ao domingo, decidiu defender a súa postura ante a dirección política da formación política, que convocou para este venres ao seu máximo órgano de decisión entre plenarios, o Consello, para tratar esta cuestión coa suxestión de pedirlle a súa dimisión. Unha situación que tensou, aínda máis, á dirección de En Marea que non ten unha postura consensuada sobre a solución final.

Paula Quinteiro, deputada de En Marea
Paula Quinteiro, deputada de En Marea | Fonte: Europa Press

A comparecencia ante este órgano, que convocou o pasado mércores para este venres a coordinadora --o correspondente a unha executiva dun partido clásico-- que dirixe Luís Villares, tamén portavoz parlamentario, prodúcese despois dunha reunión de máis de dúas horas do grupo da Cámara autonómica que comezou pasadas o tres e media da tarde.

Pancho Casal, o deputado representante nos órganos políticos de En Marea, e que do mesmo xeito que Paula Quinteiro --neste caso é da corrente Anticapitalista-- é inscrito de Podemos Galicia, será o encargado de defender a postura acordada no grupo e sobre a que, á saída do encontro, todos os deputados gardaron silencio. De todos os xeitos, fontes do grupo aseguraron a Europa Press que se rebaixou a tensión e hai unha intención de consenso.

Escoltada pola súa secretaria xeral en Galicia, Carmen Santos, e a deputada Luca Chao --que o pasado martes optou por non acudir á primeira reunión na que a deputada tivo que dar as primeiras explicacións ante os seus compañeiros de grupo--, Paula Quinteiro apenas confirmou á saída do encontro deste venres que iría ao Consello.

Sen querer dar tampouco declaracións aos medios, Carmen Santos remitiu á reunión do órgano de dirección e a un acto que ten convocado este sábado para explicar a súa postura, aínda que en días pasados xa dixo que a decisión sobre a acta parlamentaria correspóndelle á propia Quinteiro. En todo caso, Santos si que valorou que a parlamentaria pedise desculpas no seo do grupo.

E de novo, como sucedeu este mércores, o portavoz parlamentario de En Marea, Luís Villares, saíu do encontro esquivando aos medios e, en toda a semana, evitou apoiar publicamente á súa deputada. Con todo, a coordinadora que el mesmo dirixe situouse a favor da dimisión de Paula Quinteiro, unha petición que é a que leva a debate este venres e a que se contrasta agora coa defensa que faga a deputada e o representante do grupo parlamentario.

De feito, hai membros do grupo do círculo de Quinteiro e que pertencen ao colectivo de críticos con Luís Villares que censuran que o portavoz parlamentario non saíse expresamente a apoiar á deputada publicamente. Tamén moi crítico se amosou Xosé Manuel Beiras, fundador de Anova, que mesmo pedíu a súa dimisión. Unha postura que non comparten todos no seu grupo.

"O QUE AFECTA O COLECTIVO, DECISIÓN COLECTIVO"

Na mañá deste venres, e preguntada por esta cuestión, a deputada de En Marea no Congreso Alexandra Fernández subliñou que teñen que ser "os organismos internos democráticos colectivos os que tomen a resolución", xa que "non é unha cuestión de opinión persoal".

Así as cousas, aínda que apuntou que non ten "os datos para valorar todo", si que remarcou que "o que afecta o colectivo debe decidirse en colectivo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

5 Pondaliao

Paula pasa de todo, tía

4 Gallego

Como mola ser anticapitalista, pillar 5.000 al mes, destruir propiedades ajenas y aferrarse a la poltrona como una lapa.

3 Dinosetos

Paula no quiere dejar de trincar 5000 netos al mes. Eso es todo

1 Puñais voando na secta

Supoño que non falas de Paula Prado, non? Pq, esa non trinca 5.000, son moitos máis ceros, meu.

2 galegoexiliado

Trabucaste. É ANTICAPITALISTA, polo que non cobra nin un can do Parlamento. E está todolos dias na rua, dia e noite, loitando contra os obreiros burgueses capitalistas e os seus bens materiais.

2 monerias amimados do PP

primicia ultimas imaxes consello das mareas - https://www.youtube.com/watch?v=EK2...

1 votar marea e pp no goberno

mais e mais miseria moral e intelectual do grupo mareado do podreiros, hoxe mesmo tivemos grave proba da desesperación do podreiro cun alcaldable de santiAGE de compoñendas rindo pleitesía a monoarquia de juanete primeiro ex-rei do estado expañol (e din que ainda sigue sendo monoarca para non ser xulgado por ningún alto-cargo que poda presentarse, incluso o de ter fillos por ahí adiante que si son maiores que felipes serian os autenticos erdeiros do trono de "expaña") di a revista FORBES que o señorito ten un.ha fortuna amasada de mais de 1.800 millons de euros sacada de negocios do petróleo con rabias saudistas e similares principescos arabescos, países de onde proveñen os terroristas de I$i$ ... O WALDO DAS JONS O COLETAS METEU O PEPEIRO A GOBERNAR, A ACTITUDE DO PODREIROS METEU A REPRESIÓN EN CATALUNYA, O PODREIROS DESMOVILIZOU A ESQUERDA EN XENERAL.