Cae o tellado e a fachada dunha casa en Maside (Ourense)

O tellado e parte da fachada dianteira dunha casa derrubáronse durante a tarde deste venres no municipio de Maside, en Ourense, pero sen que se producisen danos persoais.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/03/2018 | Actualizada ás 11:20 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O tellado e parte da fachada dianteira dunha casa derrubáronse durante a tarde deste venres no municipio de Maside, en Ourense, pero sen que se producisen danos persoais.

O servizo de emerxencias do 112 Galicia tivo constancia dos feitos ao redor das 19,40 horas, a través do aviso dun particular, que indicaba que unha casa se estaba derrubando. A vivenda sitúase no lugar de Pousada, na parroquia de Amarante.

O veciño que realizou a alerta comunicaba que as pedras da fachada estaban a precipitarse sobre a rúa. A partir dese momento, o persoal do CIAE puxo os feitos en coñecemento dos Bombeiros do Carballiño, da Garda Civil e de Protección Civil.

Unha vez no lugar dos feitos, a dotación asegurou e balizó a zona.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta