Voluntarios do programa 'Unha nova árbore' de Abanca plantan máis de mil exemplares autóctonos en Santiago e Chandebrito

As áreas queimadas nos incendios forestais repoboaranse con carballos, castiñeiros, bidueiros, acivros, cerdeiras ou nogueiras

VIGO | 24/03/2018 | Actualizada ás 14:15 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A iniciativa 'Unha nova árbore', posta en marcha pola área de Responsabilidade Social Corporativa de Abanca, chegou este sábado aos montes da parroquia de Chandebrito, en Nigrán (Pontevedra), e a Santiago de Compostela, coa plantación de máis de mil exemplares de especies autóctonas nas áreas afectadas polos devastadores incendios forestais do pasado mes de outubro.

Abanca promove accións de reforestación en Chandebrito
Abanca promove accións de reforestación en Chandebrito | Fonte: Europa Press

Segundo explicou o director da Rede Comercial de Abanca, Gabriel González Eiroa, a actividade deste sábado, na que participaron 140 voluntarios (empregados da entidade financeira, clientes e outras persoas que quixeron colaborar), é a continuación das accións de reforestación iniciadas a pasada fin de semana na zona viguesa de Coruxo e na Mezquita (Ourense).

"Abanca comprometeuse a pór a súa achega na reforestación do monte galego. E isto vai seguir, é unha acción continua, que terá unha segunda fase nos seguintes meses", sinalou, e avanzou que, a próxima fin de semana, haberá voluntarios plantando novas árbores na Coruña e As Neves.

ESPECIES AUTÓCTONAS

Pola súa banda, Gonzalo Moura, da área de Responsabilidade Social Corporativa de Abanca, lembrou que o compromiso e a "prioridade" desta iniciativa é reforestar con especies autótonas, e subliñou que, co mil árbores plantadas a pasada fin de semana, e o mil deste sábado, os voluntarios achéganse cada vez máis ao "obxectivo" da iniciativa: repoboar os montes galegos afectados as chamas con 6.000 árbores.

Nesta tarefa, lembrou, contan co asesoramento técnico do Grupo Naturalista Hábitat, que orienta aos voluntarios sobre o tipo de especie que convén a cada terreo segundo as súas características, ou a forma en que se debe plantar cada exemplar.

Segundo sinalou o portavoz de Hábitat, Andrés Pereira, para levar a cabo a este labor fíxose un "traballo de xestión previa", en colaboración coa Comunidade de Montes de Chandebrito e as entidades locais "para valorar o terreo, ver as súas características, e identificar as especies máis convenientes". Así, en Chandebrito, a reforestación levará a cabo con castiñeiros, alisos, carballos, bidueiros, cerdeiras, acivros e nogueiras, que conformarán un "mosaico biodiverso".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta