Temas: FERROL PSDEG

A resolución da nova dirección de Caballero aviva o conflito do PSdeG en Ferrol

Beatriz Sestayo saca peito tras o apoio da Executiva socialista e di que é "contundente e inequívoca" ao seu favor e en contra do sector crítico que perdeu por un voto.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/03/2018 | Actualizada ás 18:16

Comparte esta noticia

A situación de completa división que vive do PSdeG en Ferrol, lonxe de arranxarse, volve a complicarse logo da decisiónd e Gonzalo Caballero de brindar todo o seu apoio a Beatriz Sestayo cunha resolución que non acepta ningunha das reclamacións presentadas polo seu rival nas primarias, Ángel Mato.

Beatriz Sestayo
Beatriz Sestayo

A executiva do PSOE de Ferrol celebrou a "contundente e inequívoca" resolución da dirección do PSdeG, que acordou non estimar o recurso presentado polo senador Ángel Mato que pedía impugnar a asemblea local na que a exdiputada autonómica Beatriz Sestayo revalidou o seu cargo como secretaria xeral.

Nesta resolución, a dirección de Gonzalo Caballero amosou o seu apoio a Sestayo e desbotou o recurso presentado polo seu rival Ángel Mato que perdeu por un só voto. Nel, a candidatura vencida facía referencia ao censo utilizado, a que tres papeletas foron declaradas nulas, á composición da Mesa e ao modo en que se desenvolveu a votación que, segundo afirmaba, "non se axustaba aos estatutos". Pero a actual dirección de Caballero non lle deu a razón en ningún punto o que ten causada moito malestar entre o sector crítico que cre que Caballero está apoiando á ex deputada.

SESTAYO AGRADECE A "CONFIANZA MOSTRADA"

Por iso, Beatriz Sestayo e a súa executiva a proveitaron esta ocasión para salientar esta nova derrota do sector crítico, que é a metade do partido en Ferrol. Nun comunicado remitido aos medios este sábado, o PSOE ferrolán sinala que a resolución emitida o venres polo PSdeG --día no que finalizaba prazo de 30 días hábiles que a dirección galega tiña para responder o recurso-- baséase no "firme respecto da xustiza" e no "absoluto respecto dos Estatutos do Partido Socialista".

Deste xeito, a executiva local agradece a "confianza mostrada pola militancia" e fai un chamamento á unidade e á responsabilidade de todos os cargos, orgánicos e institucionais, así como de toda a militancia no obxectivo común de traballar polos veciños de Ferrol. Ademais, anima a todos os socialistas a participar nas iniciativas que leva a cabo a dirección do PSOE de ferrolán.

Na súa resolución deste venres, "tendo en conta a problemática" que atravesa a Agrupación Municipal de Ferrol, a dirección do PSdeG instaba tamén á executiva do PSOE de Ferrol a "harmonizar de forma definitiva a vida interna do partido na cidade" para poder afrontar as próximas eleccións municipais "coas máximas garantías". Un consello ao que semella que non lle fixo ningún caso Sestayo co novo comunicado da súa executiva.

Temas: FERROL PSDEG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Cervantes

MATO e Julián Reina: Ajo y Agua