Temas: GRIPE SERGAS

Os falecidos con gripe ascenden a 223, con 3.540 casos declarados desde o inicio

O Sergas apunta que o 90 por cento do total dos doentes ingresados durante esta temporada tiñan indicada a vacina antigripal e, deles, o 49 por cento non a puxo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/03/2018 | Actualizada ás 11:40

Comparte esta noticia

As persoas falecidas con gripe na Comunidade galega sitúanse en 223 desde o inicio da temporada actual, período no que o total de casos declarados con este virus confirmado foi de 3.540 en Galicia.

Virus gripe
Virus gripe | Fonte: Europa Press

Así consta no décimo noveno informe de 'Vixilancia da gripe en Galicia' do Servizo Galego de Saúde (Sergas) publicado esta semana, recollido por Europa Press, correspondente á semana que terminou o 18 de marzo, e que representa o "último desta temporada".

Das 223 persoas falecidas, concreta o Sergas no seu último informe desta temporada, 222 tiñan indicada a vacina antigripal, ben por idade ou ben por ter factores de risco para padecer unha gripe complicada, e o 102 delas non estaba vacinadas. Desde o inicio da temporada declaráronse 3.540 casos con gripe confirmada en Galicia, dos cales o 59 por cento tiña o virus da gripe B; o 2%, gripe A e B; e o resto virus da gripe A.

O Sergas apunta que o 90 por cento do total dos doentes ingresados durante esta temporada tiñan indicada a vacina antigripal e, deles, o 49 por cento non a puxo.

TENDENCIA

O número de chamadas atendidas no 061 por gripe e outras infeccións respiratorias agudas (IRA) mostra unha "tendencia decreciente" respecto da semana anterior, destaca o Sergas no seu informe.

Mentres, en Atención Primaria na última semana a vixilancia baseada nos rexistros informatizados de gripe do Sergas reflicte "un descenso respecto da semana anterior", situándose por baixo do limiar establecido "para determinar o momento do inicio e fin da onda".

Temas: GRIPE SERGAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta